Arquivo da categoría: Edición
Editorial Galaxia abrirá un selo propio en Buenos Aires
“Titularase
Mar MAIOR-Editorial Galaxia e concíbese como a “editorial dos galegos no mundo”, unha plataforma de difusión da cultura galega que, segundo as programacións iniciais, empezará a andar en Buenos Aires no ano 2013. Así o anunciou o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, na mesa de debate Tendencias dentro da Feira Profesional do Libro, una das ponenciais inaugurais, á que por primeira vez foi invitado oficialmente un editor galego. (…) Tratábase de presentar alternativas á crise do sector e as mudanzas que se están a producir no ámbito mundial do libro. O director de Galaxia expuso dous proxectos para o crecemento, “única maneira de afrontar a crise”: a Plataforma Dixital da Cultura Galega, no que se está a traballar xunto coa Universidade de Santiago e o departamento de informática da Universidade da Coruña, e o proxecto MAR MAIOR, unha plataforma de edición da cultura galega a través das redes sociais de galegos no mundo. (…)” Vía Galaxia.
Renovación da páxina web de Baía Edicións
“Neste
novo espazo web de Baía Edicións incorporamos varios apartados: Novas sobre a actualidade, Material didáctico, Xuntanza de escritoras, Encontro coa natureza, Galería de imaxes e vídeos, e unha serie de recomendacións que Baía Edicións fai a todos os usuarios. No apartado Xuntanza de escritoras serán as escritoras as protagonistas deste espazo. Terán a posibilidade de incorporar artigos, reseñas, notas, relatos etc. O que queremos con este espazo é que , pretendemos que sexa algo máis…. un, para que falen do seu papel na sociedade, de como ven a literatura. Co apartado pretendemos (nenos, adultos, especialistas, etc.), incorporando no mesmo, reseñas, calendario de conmemoracións, artículos de opinión, consellos medioambientais etc. Pretendemos que sexa un espazo no que poida , enviándonos todos aqueles escritos, artigos, reseñas… que consideren interesante compartir.” Desde Baía.
Estaleiro Editora: “Buscamos novas vías de achegarnos ao público”
Entrevista
a Estaleiro Editora en Dioivo:
“(…) – Dioivo (D): Como presentarías Estaleiro aos que non a coñezan?
– Estaleiro (E): Estaleiro é unha iniciativa de edición independente que procura editar dentro do sistema literario galego, empregando a norma que escolla cada autor. Procuramos así dar voz a quen normalmente non podería publicar nas vías tradicionais.
– D: Cal é a vosa dinámica de funcionamento?
– E: Temos uns estatutos que nos definen como organismo asembleario. Unha vez ao ano facemos unha escolma dos libros que queremos publicar para esa tempada. Dependendo das forzas na organización e da calidade da obra, tentamos publicar o que poidamos. Logo a corrección, maquetación e todo o traballo faino xente de Estaleiro. Votamos para cada libro e dependendo da vontade xeral, editamos os que poidamos. (…)
– D: Publicades traduccións como Cartas do cárcere, de Antonio Gramsci. Son necesarias máis traduccións ou considerades saturada a oferta neste terreo?
– E: É cuestión de buscar a necesidade. Depende da permanencia da traducción tanto no eido español ou no portugués. No caso das Cartas, Laiovento saiu cunha versión das outras cartas. As que publicamos nós eran unha escolma que ao non seren publicadas por outros, decidimos darlles saída nós. Creo desde o punto de vista literario, que a traducción é moi necesaria. Isto fai que o galego asuma retos lingüísticos e dálle unha vitalidade nova. Cos textos teóricos, non sei se ten esa función tan vitalista como na ficción. Vexo ben as traducións e logo hai que ver se pode funcionar economicamente. (…)”
Nace Punto G Edicións
“Punto G
é a máis recente incorporación ao panorama editorial galego. Coa intención de “sintonizar cos gustos maioritarios das persoas afeccionadas a ler” a editora inicia a súa actividade co lanzamento de O clan do oso das cavernas, de Jean M. Auel. Esta novela, un dos maiores éxitos literarios internacionais dos últimos treinta anos, sae á venda na nosa lingua con 506 páxinas a un prezo de vinte euros. A editora anuncia a súa intención de continuar a publicación dos seis volumes que compoñen a saga Os fillos da terra.” Vía Cultura Galega.
A edición galega medra en títulos e diminúe en tiraxes
“A
crise fíxose notar no mundo editorial en 2011, segundo os datos que publicaba onte o Instituto Nacional de Estatísica. Mentres a nivel estatal a edición se reduciu de xeito histórico, cun 24% menos exemplares, en Galicia deuse un descenso do 14% na mesma magnitude. Fonte a isto, o número de títulos, entre libros e folletos que se editaron na nosa comunidade, mendrou un 3,2% a respecto de 2010, chegando ás 2.866 obras. Destas, 2.371 foron libros, o que supón un descenso neto fronte aos 2.788 de 2010, polo que o incremento conxunto dos datos correspóndese a unha maior edición de folletos. Desde 2008 verifícase, segundo estes datos, un descenso continuo nos libros editados en Galicia.” Vía Cultura Galega.
Libros de OQO e Kalandraka elixidos entre os 250 mellores do mundo
“A
literatura infantil editada en Galicia volve conseguir un ano máis entrar na prestixiosa selección The White Ravens 2012, que elabora a Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich entre libros en máis de 30 idiomas e procedentes de 50 países. As editoras Kalandraka e OQO, referentes na edición infantil, viron elixidos cadanseu libro para a exclusiva lista deste ano que se presentará o 21 de marzo no marco da 49º Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Por parte de Kalandraka incluíuse o libro gañador do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, A viaxe de Olaf, de Martín León Barreto e por parte de OQO foi Zimbo, de Arturo Abad e Joanna Concejo o elixido como un dos mellores 250 libros infantís do mundo editados en 2011. As dúas editoras galegas participarán na feira de Boloña con postos de exposición propios segundo fixeron público nos seus comunicados.” Vía Cultura Galega.
Faktoría K recupera a colección Tambo de poesía
“Con
Luís Rei Núñez á fronte, ao igual que na súa anterior etapa, a Colección Tambo de poesía volta ás librarías. A editorial Faktoría K recupera esta coñecida cabeceira logo de que a Deputación de Pontevedra a fechase en 2006, substituíndoa pola Colección Cíes. Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, Alén da fronteira, unha antoloxía de poetas vascos que inclúe traballos de Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia vertidos para o galego, son os primeiros títulos da xeira.” Desde Cultura Galega.
Continúa a recuperación da obra literaria de Gonzalo López Abente
“Con
só un ano de actividade, a Fundación Gonzalo López Abente está a lograr unha visibilidade inédita da obra deste escritor muxián. Deste xeito, a entidade acaba de anunciar que asinou a un acordo coa editora Espiral Maior para tirar do prelo a poesía completa deste autor en 2013, a coincidir co 50 seu cabodano. A edición farase na colección Ópera Omnia e será coordinada por Miro Villar. Xa este mesmo ano, Xerais publicará A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, un volume que recolle seis relatos do escritor canda a un estudio de Xesús Sambade. Estas publicacións súmanse aos do poemario Bretemada, que da man de Alvarellos é finalista aos Premios da Edición deste ano.” Vía Cultura Galega.
Galaxia prevé abrir unha delegación en Arxentina
“A
histórica editorial Galaxia prevé abrir un selo subsidiario en Arxentina, co que quere colaborar con editoras de Sudamérica. Así o anunciaba o flamante presidente da empresa, Benxamín Casal, quen adiantou que o proxecto, localizado en Bos Aires, quere tamén acoller publicacíóns sobre o exilio e dos fillos de exiliados. Segundo adianta El Progreso, a intención da firma viguesa é botar a andar o proxecto este mesmo ano.” Vía Cultura Galega.
