Arquivo da categoría: Encontros e Xornadas
Os especialistas avogan por crear unha marca unificada para o libro galego
Ponteceso: conferencia de Darío Xohán Cabana no Outono Pondaliano
O
martes 30 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Darío Xohán Cabana sobre De Pondal a Novoneyra. O programa completo pódese consultar aquí.
“A crítica literaria galega ve a violencia contra as mulleres como novela negra”
A Coruña: Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación
As
Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, organizadas pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Universidade da Coruña, terán lugar os días 24, 25, 26 e 27 de novembro, na Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza) da Coruña, co obxectivo de achegarse á súa vida e obra tanto desde a súa faceta literaria como da propia historia, dando visibilidade a un dos grandes da literatura galega e darlle o recoñecemento que merece. O programa é o seguinte:
Mércores 24
17:00 – 17:30 h. Recepción e entrega de material.
17:30 – 17:40 h. Inauguración.
17:40 – 20:30 h. Mesa redonda Ricardo Carvalho Calero na memoria.
– Proxección de Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história, Francisco Salinas Portugal, 1988.
– Presenta, introduce e modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
– Participan:
* Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
* Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
* Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
* Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.
* Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.
21:00 h. Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: Isto é o que nos foi dado. Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero:
* 1ª Parte: Recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo.
* 2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Xoves 25
18:00 – 20:00 h. Mesa redonda: Pensamento, intervención e ciencia.
– Presenta, introduce e modera: Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña: Ensaio lingüístico e literario.
– Participan:
* Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura Española: O compromiso co nacionalismo.
* José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela: O labor universitario.
20:10 – 21:40 h. Presentación do libro Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero e proxección do vídeo inédito do seu autor, R. Raimunde Noreña.
Venres 26
17:00 – 21:00 h. A creación literaria.
17:00 – 18:15 h. A poesía de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.
– Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.
18:15 – 19:45 h. A narrativa de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor na Universidade de Santiago e ocasionalmente en Nova York e na Bretaña.
– Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, escritor e profesor.
19:45 – 21:00 h. O teatro de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.
– Argüente: Carlos C. Biscaínho, profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Sábado 27
10:00 – 13:00 h. Mesa redonda O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho Calero.
– Presenta, introduce e modera: Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
– Participan:
* Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela: A gramática galega no século XX: O contributo de Carvalho Calero.
* Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Santiago de Vigo: Etapas do pensamento lingüístico de Carvalho Calero.
* Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña: A sociolingüística galega antes e despois de 1936. O contributo de Carvalho Calero.
* Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela: Carvalho Calero, planificador da língua galega.
13:00 – 14:00 h. Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na Casa Casares Quiroga da Coruña.
14:00 h. Clausura.
A matrícula realizarase a través da web da AS-PG, no apartado de Formación. O prezo da matrícula é de:
– Socios/as da AS-PG. 11 euros.
– Parados: 21 euros.
– Normal: 41 euros.
– Estudantes universitarios: gratuíta. Os/as estudantes universitarios, á hora de rexistrarse para facer a matrícula, deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son universitarios/as.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación. Os estudantes non se contabilizan nesta porcentaxe. Solicitada a homologación por 15 horas lectivas.
Aquí se pode descargar o programa en .pdf: Xornadas Ricardo Carvalho Calero.
Ponteceso: conferencia de Anxo Angueira no Outono Pondaliano
O
martes 23 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Anxo Angueira sobre Rosalía, a musa dos poetas. Posteriormente, a partir das 19:45 desenvolverase un recital cívico rosaliano en conmemoración do 125 aniverrsario do pasamento da poeta. O programa completo pódese consultar aquí. Vía Fervenzas Literarias.
Conclusións do VII Simposio O fomento da lectura: unha fronteira para o libro
Simposio O libro e a lectura sobre O Fomento da Lectura: Unha fronteira para o libro
Alianzas na industria cultural galego-lusa
Vigo: 1ª Xornada Internacional de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil
O xoves 18 e venres 19 de novembro desenvólvese, no Hotel AC Palacio Universal de Vigo, a 1ª Xornada Internacional de Crítica e Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil, organizada pola Asociación ANILIJ, que conta coa seguinte presenza galega:
– 18 de novembro:
10.00 h. A Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (Grupos de investigación):
– Araceli Herrero Figueroa. Grupo de investigación GI-2023 (Universidade de Santiago).
– Blanca Roig Rechou. Grupo LITER21 (GI-1819). Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega (Univ. Santiago Compostela).
17.00- 18.30 h.: A Investigación en LIX (Exposición de proxectos de investigación):
Blanca Roig Rechou e Veljka Ruzicka Kenfel. Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Santiago de Compostela) e Facultade Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo). Proxecto coordinado: A guerra civil española na narrativa infantil e xuvenil.
– 19 de noviembre:
16:00 h.: Panel de presentación de teses de doutorado en curso ou xa lidas nos dous últimos anos por parte dos propios doutorandos/as ou doutores/as.
– Eulalia Agrelo (USC). Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz.
– Pilar Bendoiro Mariño (USC). Análise das tipoloxías de transvase inglés-galego na Literatura Infantil e Xuvenil.
– Mar Fernández Vázquez (USC). A actuación de Carlos Casares no sistema literario galego.
– Carmen Ferreira Boo (USC). Reescrituras do conto de transmisión oral na Literatura Infantil e Xuvenil galega.
– Vanessa Regina Ferreira da Silva (USC-UNESP). A literatura xuvenil en sistemas literarios periféricos: Brasil e Galicia.
– Geovana Gentili (USC-UNESP). A tradición dos contos de fadas e a constitución da literatura infanto-xuvenil brasileira e galega.
– Isabel Mociño (USC). Estudo comparado da narrativa infantil de ficción científica nas literaturas galega e portuguesa.
– Marta Neira (USC). A muller na narrativa infantil e xuvenil sobre a Guerra Civil española no marco ibérico.