Arquivo da categoría: Ensaio
Lisboa: lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez
A sexta feira 30 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditório da Sociedade Portuguesa de Autores (Av. Duque de Loulé, 31), de Lisboa, o Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa organiza o lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez, publicado por Através. No acto participan, co autor do libro, o director do CEG, Luiz Fagundes Duarte, e o presidente da Sociedade Portuguesa de Autores, José Jorge Letria.
Compostela: debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza
O mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa do Santo Antonio, 10, baixo), de Santiago de Compostela, terá lugar un debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, libro publicado en Galaxia, nun acto organizado pola A. C. O Galo, onde intervirán Xusto Beramendi, Joám Evans Pim, José Antonio Portero Molina, Xavier Vence e Víctor F. Freixanes, quen presentará e actuará de moderador.
Antón Fernández de Rota publica o ensaio Sexo e monstruosidade
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”O monstro é unha figura de resistencia, aquilo que non se amolda ao que está pautado”. Axóuxere edita esta xenealoxía da polícia sexual, Sexo e monstruosidade, de Antón Fernández de Rota. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Compostela: presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López
Vigo: presentación de No tempo de “Follas Novas”, en edición de Pilar García Negro
O Barco: presentación de As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán
O mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no 3º andar do Edificio Multiusos do Concello do Barco de Valdeorras, preséntase o libro As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, publicado por Galaxia. No acto, organizado polo Concello, a editora e o Instituto de Estudos Valdeorrenses, interveñen, xunto ao autor, Alfredo García, Margarida Pizcueta, Víctor F. Freixanes, Aurelio Blanco Trincado e Santiago Macía.