O
xurado da XIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, convocado polo Concello de Bueu, e constituído por Lucía Novas, Antón Lopo, Olalla Cociña e Xabier Framil Barreiro, escolleu, por unanimidade, como gañador o libro presentado por Calros Solla, Koyi Kabuto. Lume de ollos en MazinGZ. O xurado xustificou a súa resolución alegando que a obra “aposta por crear un mundo propio a partir de elementos da cultura popular contemporánea (desde o anime á televisión, pasando por internet e os petroglifos de Mogor). Cuestións de actualidade (a celulosa de Pontevedra, a ampliación da ponte de Rande, o tren de proximidade…) vehiculízanse nunha poesía enxeñosa e lúdica, descarada, con sabor a licor café e algo de resaca”. Segundo explicou o autor, a obra foi construída a tres voces. Unha é do transcritor, pois utilízase a técnica do manuscrito atopado. Outra é a do robot MazinGZ -trasunto galego de Mazinger Z-, e outra a do seu piloto, KoyiKabuto: “Quería que se acabasen confundindo as voces. No libro hai historias de amor e desamor, e de loita contra o mal. Os superheroes pelexan, nunha loita desigual, contra o mal -o goberno-, que quere acabar coa nosa lingua, a nosa cultura e o noso medio natural. Escollín a superherores porque é o que lle fai falta ó noso pobo contra os ataques á lingua e a cultura”.
Arquivo da categoría: Premios poesía: ditames
Lugo: entregados os Premios da Edición 2010
O gremio editorial galego celebrou o sábado 12 de marzo en Lugo a VI Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores. O acto foi presidido por Manuel Bragado Rodríguez, presidente da AGE, e contou coa presenza do director xeral do Libro, Francisco Rodríguez Barxas, o secretario xeral de Política Lingüistica, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Deputación de Lugo, e a concelleira de Cultura de Lugo. Nesta VI Noite da Edición foron homenaxeadas no apartado da Edición Histórica as editoriais Ir Indo e Hércules de Ediciones, polo seu XXV aniversario, así como o que fora director e editor de Edicións Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, falecido no ano 2006. Os editores nomearon socio de honra ao seu ex presidente, Alfonso García Sanmartín, ao que se lle recoñeceu o traballo e a traxectoria profesional. O Premio Francisco Fernández del Riego recaeu en Espazo Lectura, unha iniciativa da sociedade civil coa que se pretende incentivar a lectura e a relación cos libros desde asidades máis temperás.
Tralas votacións dos membros do xurado composto por un escritor, unha editora, un crítico, un libreiro e unha xornalista, resultaron gañadores das correspondentes modalidades:
– Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2010: Todo é silencio, editado por Edicións Xerais, de Manuel Rivas.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do 2010: Construtores, editado por Kalandraka Editora, de Xulio Gutiérrez.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano 2010: Estremas, editado pola Editorial Galaxia, de Ana Romaní.
– Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil 2010: Contos para nenos que dormen deseguida, editado por Kalandraka Editora, de Pinto & Chinto.
– Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2010: 30 gramos, editado por Alvarellos Editora, traducido por Ramón Nicolás.
– Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2010: A colección Rodribrico, editada por Baía Edicións, ilustrada por Xosé Tomás.
– Premio Xosefa Vilarelle ao Libro educativo do ano 2010: Gramática práctica galega, editado por Baía Edicións, de Xoán López Viñas e outros.
– Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2010: Xosé Neira Vilas.
– Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial 2010: Asociación Culturgal, iniciativa do sector editorial galego consolidada e formalizada no ano 2010 como entidade asociativa responsable da Feira das Industrias Culturais de Galicia.
Acta do xurado do XIX Certame Literario A Pipa 10 da Alta Montaña (poesía e relato)
Emma Pedreira e Pepe Pol gañan os premios de poesía e narrativa Manuel Oreste Rodríguez López
Emma Pedreira gaña o Premio Novacaixagalicia, con Antítese da ruína
Emma
Pedreira (A Coruña, 1978) gañou o Premio Novacaixagalicia coa súa obra Antítese da ruína, convocado por esta entidade e o Pen Clube, e dotado con 12000 euros. A súa obra foi escollida entre os 49 orixinais presentados polo xurado, que estivo presidido por Luís González Tosar, e integrado por Jonathan Dunne, tradutor e editor; Modesto Hermida, poeta, crítico literario e profesor de Lingua e Literatura; Xavier Rodríguez Baixeras, poeta e tradutor (gañador da edición anterior); Rexina Vega, escritora e profesora da Universidade de Vigo, e Xabier Castro Martínez, que actuou como secretario con voz e sen voto. O xurado, que elixiu o poemario de Emma Pedreira por unanimidade, quixo destacar o valor poético da obra, así como as sorprendentes imaxes e o espazo vital que presenta. Segundo indicou González Tosar, “é un poemario singular que pertence a unha poetisa cunha traxectoria notable que consolida con este premio a intensidade da súa voz”. Nova recollida tamén en Galicia Hoxe, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión, Cultura Galega e Fervenzas Literarias.
Fallados os premios do certame literario Terras de Chamoso
A Asociación Cultural Arumes do Corgo entregou este sábado 17 de decembro os premios aos gañadores do IV Certame Literario Terras do Chamoso nun acto celebrado no Centro Sociocultural do Corgo. Deixamos aquí un extracto da acta da reunión do xurado, que se pode consultar completa neste enlace:
“Sendo as 19:00 h do día 14 de decembro de 2010, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da IV edición do Certame Literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte: D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano, D. Xosé Manuel Castro Castedo, D. Xabier P. Docampo, D. Isidro Novo e Dna. Pilar García Negro, exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes, D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na IV edición do Certame Literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio: Ana Celeiro Sal, de Espasande (Castroverde), pola obra O outono.
2º premio: María López Pérez, de Cela (O Corgo), pola obra Á beira do Neira.
1º accésit: Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria, pola obra A lúa.
Modalidade: relato
1º premio: Judit Lourido Villa, de Nadela (Lugo), pola obra Lobezno e a lúa.
2º premio: Silvia López López, de Mirandela (Castroverde), pola obra Cousas da vida, xa sabes….
1º accésit: Andrea Varela Díaz, de Barredo (Castroverde), pola obra O trasno do Monte Patuco.”
2º accésit: Rubén Manuel Torrón Vázquez, de Manán San Cosme (O Corgo), pola obra A fábula de Wall Street.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio: Elisabet Rey González, de Noia, pola obra O que eramos e agora xa non somos.
2º premio: Cristina Pernas Pereiro, de Paradela (O Corgo), pola obra O Corgo.
Modalidade: relato
1º premio: Sandra López López, da Veiga de Anzós (Láncara), pola obra Carta a unha amiga maltratada.
2º premio: Antía Tacón García, de Lugo, pola obra A viaxe de Karima.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Xosé Otero Canto, de Lugo, pola obra Chuchas acaroadas das vagas.
2º premio: Natalia Alonso Ramos, de Vilaronte (Foz), pola obra A equilibrista e o circo.
Modalidade: relato
1º premio: Pedro Naveira Pedreira, da Coruña, pola obra Unha viaxe desacougante.
2º premio: Xosé Luís Vázquez Somoza, de Zolle (Guntín), pola obra Conta xusta.”
Luís Valle Regueiro gaña o XXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón con Palabras e palabras e palabras
“No
día de hoxe, 11 de decembro de 2010, tivo lugar a resolución do Premio de Poesia Eusebio Lorenzo Baleirón na súa edición de 2010, por parte do xurado composto por:
Presidente: don Arturo Díaz Díaz, Alcalde do Concello de Dodro.
Vogal primeira: dona Ánxeles Penas, poeta e tradutora de Eusebio Lorenzo Baleirón.
Vogal segundo: don Modesto Fraga Moure, poeta.
Vogal terceira: dona Dolores Vilavedra, profesora da USC e crítica literaria.
Vogal cuarto: don Daniel Costas, gañador do certame do ano 2009.
Secretaria: dona Victoria Rei Mariño, tenenta de alcalde con delegación na Área de Cultura.
Que acordan, tras a deliberación do xurado, outorgar por unanimidade o premio ao seguinte traballo: Palabras e palabras e palabras. Aberta a plica resultou ser da autoría de Luís Valle Regueiro. O xurado destacou a profundidade temática, a orixinalidade das imaxes, a musicalidade e un impecable coidado da lingua. Salienta tamén a calidade en xeral das obras presentadas, así como o elevado número, o que destaca a importancia que este Certame ten no ámbito da literatura galega.
Para que conste a todos os efectos, asinan acta o sábado 11 de decembro de 2010.
Ademais de emitir a súa resolución, os membro do xurado realizaron unha visita ao cemiterio onde repousan os restos do poeta de Dodro, Eusebio Lorenzo Baleirón para dar testemuño do noso recordo.”
Vía Concello de Dodro. Recollido tamén en A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, El Correo Gallego e Cultura Galega.
Morgadáns: entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo a María Goretti Fariña
O
sábado 11 de decembro ás 19:00 h. na Escola de Guillufe en Morgadáns terá lugar o acto de entrega do III Premio de poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns a Goretti Fariña Caamaño (San Xoán de Baión, Vilanova de Arousa, 1965), que resultou gañadora polo seu poemario Devastacións imposibles. O premio xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos e sufragado pola Entidade Local Menor de Morgadáns consta de un premio en metálico de 3000 euros, a edición do libro premiado e unha figura escultórica realizada polo artista miñorano Fino Lorenzo. No acto, que será presentado pola xornalista e guionista Araceli Gonda, presentárase tamén o libro premiado e estará animado polo grupo de gaitas “Balcón do Miñor”, de Morgadáns, así como polos cativos do Colexio Rural Agrupado “Antía Cal” que recitaran textos de Victoriano Taibo e polo grupo de teatro baionés “Non si? Teatro” que dramatizará algúns textos poéticos de don Victoriano, contando tamén coa presenza da premiada, que recitará tamén algúns dos textos do libro.
Coñécense os gañadores dos Premios Ánxel Casal da Concellaría de Educación de Santiago
Afonso
Francisco Traficante Fernández, de Ordes, con 14 anos, foi o gañador do XV Premio Ánxel Casal, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago, na modalidade de poesía por Nós corredizos, unha obra que a escritora Dores Tembrás, integrante do xuri, considerou “extraordinaria e dunha brillantez e madurez poética pouco habitual”. Na modalidade de conto, o premio foi para Brais Lamela Gómez, de 16 anos, alumno do IES Basanta Silva (Vilalba). Da súa obra, Fiat Voluntas Tua, sinalou Marcos Calveiro, escritor e membro do xuri, a “calidade literaria e o uso dos recursos lingüísticos do galego”. En teatro, a premiada foi Lara Porto Mato, de 17 anos, alumna do colexio compostelán Manuel Peleteiro, por Sagrada Familia. A entrega dos premios celebrarase o xoves 16 de decembro, ás 12:00 h. no Pazo de Raxoi, en Santiago. Máis información aquí.
Coñécense os Premios Xuventude Crea 2010 de poesía, relato e teatro
Xa se coñecen os premiados das modalidades de poesía e narrativa dos Premios Xuventude Crea 2010, convocados pola Xunta de Galicia.
No apartado de Poesía, os premiados son:
1º Premio: Gonzalo Hermo González, pola obra Crac.
2º Premio: Jacobo Llamas Martínez, pola obra Terapia gestáltica.
3º Premio compartido: Roi Vidal Ponte, pola obra Pop.
3º Premio compartido: Celia Parra Díaz, pola obra Código morse.
O xurado está formado por: Presidenta: Yolanda Otero Balsa; Vogais: Luis Blanco Vila, Noemí Martínez Ferreiro; David Pérez González; e Secretaria: María Jesús López Cernadas.
No apartado de Relato, os premiados son:
1º Premio: Enrique Bernárdez Reigosa, pola obra Xetréceme.
2º Premio: Lorena Rivero Rodríguez, pola obra Barlovento.
3º Premio compartido: Tito Pérez Pérez, pola obra O derradeiro lobo cerval.
3º Premio compartido: Elena Rojo Joga, pola obra O día que voltou a moda dos dinosaurios.
O xurado está formado por: Presidenta: Yolanda Otero Balsa; Vogais: Luis Blanco Vila; Noemí Martínez Ferreiro; Anxos García Sumai; e Secretaria: Consuelo Méndez Mouzo.
No apartado de Teatro, os premiados son:
1º Premio: Mequetrefes Teatro, pola obra In-comunicando.
2º Premio: Non si? Teatro, pola obra Xogando Shakespeare.
3º Premio compartido: Asociación Cultural Bicodobrelo, pola obra Matilde.
3º Premio compartido: Teatro da Falúa, pola obra The Falua’s Rocky Horror Show.