(Consellería de Cultura, Xornal, Galicia Hoxe, Cultura Galega)
Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Pontevedra: 12ª edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
A 12ª edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas o domingo 6 de febreiro baixo o título É mentira, con múltiples actividades: obradoiros, teatro, maxia, conferencias, contacontos, circo…, etc., e que terán lugar até o sábado 19 de marzo. Adxuntamos o programa completo: Programa Salon do Libro Infantil e Xuvenil febreiro 2011.
Gloria Sánchez protagoniza o Salón do Libro Infantil de Pontevedra
Cultura e Gálix estudan a proxección exterior
Preto de trescentos mil euros para asistir ás Feiras Internacionais do libro máis importantes
Dezaoito editoras galegas participan na Feira do Libro de Guadalajara
Presentación de Made in Galiza, de Sechu Sende, en Istambul
(Galaxia)
Arcade (Soutomaior): Feira do Libro e mesa de debate en O Circo da Lingua
O sábado 16 de outubro celébrase en Arcade O circo da Lingua, organizado pola Plataforma Queremos Galego de Soutomaior. Dentro dela, a partir das 16:00 h. haberá unha Feira do Libro, con mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas na rúa Xosé Solla (Arcade), e, a partir das 17:30 h. celebrarase unha mesa de debate sobre Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada, que contará coas intervencións de Anxo Louzao, Bieito Lobeira, Fran Rei, Pilar García Negro e Xosé Henrique Costas no Multiusos de Arcade (Soutomaior).
Ourense: Auria, actividades dos días 16 e 17
Dentro das actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o sábado 16 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda sobre A novela histórica, fenómeno de masas, coa participación de Almudena de Arteaga, Xosé María Paz Gago e Manuel Pimentel, moderada por Ramón Nicolás, tras o encontro e sinatura de libros de César Vidal.
O domingo 17 finaliza Auria, mantendo os mesmos horarios que o sábado a Feira do Libro (de 12:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 22:00).
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Ourense: Auria, actividades do día 15
Dentro das actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o venres 15 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
18:00 h. Sinatura de libros de Xosé de Cora e Marcos Calveiro.
19:00 h. Mesa redonda sobre Os mitos na novela histórica, coa participación de Xosé de Cora, Marcos Calveiro, Ramón Loureiro e Víctor F. Freixanes, moderada por Camilo Franco.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.