Arquivo da categoría: Filosofía
Carballo: terceira sesión do Seminario Eduardo Pondal XXI
Compostela: presentación de A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin Heidegger, de Xesús Vázquez Méndez
Esther F. Carrodeguas, María Marco, Soraya Lema e Abraham Pérez xa están traballando nos seus proxectos en Mariñán
Desde a Deputación da Coruña:
“Esther F. Carrodeguas, María Marco, Soraya Lema e Abraham Pérez xa están traballando nos seus proxectos no marco das últimas Residencias Artísticas Mariñán deste exercicio 2022. Trátase das Residencias dedicadas a Literatura e Pensamento, que lles permitirá ás catro persoas seleccionadas traballar sobre os seus respectivos proxectos e desenvolver o plan de traballo que presentaron nas súas memorias de selección.
Ao igual que na estadía do mes de xullo destas mesmas Residencias, tamén nesta ocasión se programan dúas actividades complementarias e abertas ao público en Betanzos. A primeira terá lugar o venres 9 de decembro na Libraría Biblos ás 19:30h e estará encabezada pola escritora Teresa Moure; mentres que a segunda terá lugar o mércores 14 na Fundación CIEC e o escritor convidado será Xesús Fraga. (…)
No mes de xullo xa desenvolveran a súa estadía en Mariñán Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, na modalidade de Literatura, e Paula Domínguez e Judith Ruso, na de Pensamento. Agora, e ata o vindeiro 16 de decembro, está a ser a quenda de Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo, na modalidade de Literatura, e de Abraham Pérez Fernández e María Marco –en substitución de Xerardo Pereiro Pérez, que renunciou por motivos laborais– na de Pensamento.”
Betanzos: conversa arredor das Residencias de literatura e pensamento de Mariñán
Santa Cruz, Oleiros: presentación de O obxecto muller e o xiro ontolóxico, de Inma Otero Varela
Carballo: debate filosófico e tertulia aberta ao público, con Luís G. Soto, Marta Serrapio e Miguel A. Martínez Quintanar
Compostela: presentación de Paseata arredor da morte, de Domingo García-Sabell
Pontevedra: XXXVIII Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e contrahexemonías”, do 18 ao 22 de abril
A XXXVIII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra no Teatro Principal (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuíta, pero se estades interesados na certificación das horas de formación precisamos que cubrades o seguinte formulario.










