Arquivo da categoría: Fotografía
Compostela: actividades dos 6 e 7 de outubro na SELIC 2025
Crónica fotográfica do Roteiro As vellas de Mens na cidade da Coruña, con Icía Varela e Xosé Manuel Varela (28 de setembro)
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro As vellas de Mens na cidade da Coruña, con Icía Varela e Xosé Manuel Varela, celebrado o pasado 28 de setembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Tamén se poden ver aquí varios vídeos da actividade. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Crónica fotográfica do Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, con Alberto Pombo (A Coruña, 21 de setembro)
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, guiado por Alberto Pombo, celebrado o pasado 21 de setembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Lugo: Homenaxe a Mercedes Vázquez Saavedra
Negreira: presentación de Os días para Ilham e As lúas para Winner, de Petronila Daza González
A Coruña: exposición fotográfica Ser-tão, de Marcos Vieira
A segunda feira, luns, 8 de setembro, ás 19.30 h, inaugúrase no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André, 36, 1º), a exposición fotográfica Ser-tão, de Marcos Vieira, actividade na que tamén participa a AELG.
Ser-tão desvela as nuances ocultas nas paisagens, faces, olhares, texturas, sabores, lugares e sentimentos do estado do Ceará, joia do nordeste brasileiro. Cada fotografia é um portal para a riqueza velada de uma região frequentemente reduzida à aridez e à luta pela sobrevivência. A mostra propõe uma imersão no âmago do ser, onde o frenesi da vida moderna dança com a serenidade dos cenários naturais.
Os rostos retratados são telas vivas, pintadas com histórias de resiliência e esperança, enquanto os olhares capturam o oceano das emoções humanas, onde risos e lágrimas se misturam como água e sal. As texturas revelam a dureza e a beleza da terra, cada ruga e fissura um verso do poema telúrico que o sertão escreve diariamente. Os sabores, evocados através das imagens, são sinfonias gustativas que trazem à tona a culinária rica e tradicional, nutriente de corpo e alma.
Ser-tão é uma ode ao ser, em toda sua complexidade e simplicidade. É um mergulho nas águas profundas das dualidades e na essência do existir, onde o tempo tece seu próprio ritmo e a vida se desenrola em uma dança harmoniosa com a natureza.
(Texto de Andrea Melo Vieira; Curadoría de Jakson Renner Rodrigues Soares)
No acto participará musicalmente a intérprete brasileira Euterpe.
Parada do Courel: actividades do 29 de agosto no X Festival dos Eidos
A Coruña: actividades do 2 de agosto na Feira do Libro 2025
Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2025, dedicada a Xosé Manuel Beiras
A Homenaxe O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Beiras. Compostela, 2025, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, CEDRO e Xunta de Galicia, chegou este ano á súa XXXI edición, recaendo na figura de Xosé Manuel Beiras, de quen se destaca, dentro da súa extensa traxectoria vital, a súa faceta como ensaísta e tradutor, así como a súa xenerosa colaboración coa AELG, sendo parte do Consello Directivo da Asociación entre 1982 e 1986. A homenaxe tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 14 de xuño de 2025.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, un teixo, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.
Aquí pode verse a crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolma:
























