O
xoves 16 de decembro, a partir as 21:00 h., no Salón de Actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de poemas Espertar, coa obra de Lino García e as fotografías de Helena Robredo, publicado pola A. C. Eira Vella. No acto intervervirán un representante de Alexandre Bóveda, Gabriela Rodríguez, presidenta de Eira Vella, o escritor Xabier López, autor do prólogo do libro e Lino García Salgado.
Arquivo da categoría: Fotografía
Vigo: presentación de Ángel Llanos, fotógrafo, de Xerardo González Martín
O mércores 24 de novembro, a partir das 20:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, preséntase o libro Ángel Llanos, fotógrafo, de Xerardo González Martín, publicado por Galaxia. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral da editorial, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o propio autor.
Moaña: exposición e recital de Pel con pel
O
sábado 20 de novembro, ás 12:00 h., no Concello de Moaña (Rúa das Barxas, nº 2), comeza a exposición do II Concurso de fotografía Lactación Materna 2010, organizado por Fedegalma e a Editorial Galaxia, acompañadas por textos literarios, recollido no libro Pel con pel. No acto participan Marta Dacosta, Ledicia Costas e Eduardo Estévez.
Maribel Longueira: “Non podo apoiar os que postergan o noso idioma”
Betanzos: presentación de Espertar, de Lino García e Helena Robledo
O sábado 3 de xullo, ás 20:30 horas, no salón azul do edificio Liceo (Praza dos Irmáns García Naveira) de Betanzos, preséntase o libro Espertar, de Lino García Salgado (poemas) e Helena Robledo Muíña (fotografía), prologado por Xabier López. O acto está organizado pola Asociación Cultural Eira Vella.
A Coruña: homenaxe internacional da cineasta Isabel Coixet a John Berger
É unha exposición e unha homenaxe internacional da cineasta Isabel Coixet a John Berger. A partir do libro de John Berger From A to X, no que unha muller escribe cartas ao seu marido preso, Isabel Coixet crea unha instalación coa colaboración da arquitecta Benedetta Tagliabue e a complicidade dalgunhas das actrices máis importantes do cinema actual. A instalación mergúllanos nunha atmosfera envolvente onde a luz e o son lévannos sucesivamente polas distintas cartas do libro, que son lidas por prestixiosas actrices e artistas, como Monica Bellucci, Sophie Cale, Patricia Clarkson, Penélope Cruz, Julie Delpy, Isabelle Huppert, Maria de Medeiros, Sarah Polley, Tacha Swinton e Leonor Watling. Paralelamente poderán verse os retratos fotográficos que Isabel Coixet fixo durante a gravación das lecturas e unha entrevista filmada por ela a John Berger.
A inauguración ás 20:00 do 10 de xuño no antigo Cárcere Provincial. Até o 11 de xullo.
Maribel Longueira colabora con Eva Veiga e con Elena Poniatowska
«A fotógrafa Maribel Longueira, que colabora habitualmente con poetas, prepara con Eva Veiga un libro de próxima aparición e ten un proxecto coa escritora mexicana Elena Poniatowska» (GaliciaHoxe.com)
A fotografía de Blanco Amor, en Poio

A exposición A OLLADA DO DESEXO. Obra fotográfica 1933-1973, que reúne boa parte das fotografías realizadas por Eduardo Blanco Amor, pode visitarse ata o 3 de marzo no Casal de Ferreirós, en Poio.
Ferrol: presentación dun libro sobre fotografías antigas da cidade
Hoxe luns 4 de xaneiro ás 20.30 horas preséntase na Galería Sargadelos de Ferrol o libro titulado Ferrol a fotografía antigua (1858-1904), coa participación de Guillermo Escrigas (autor) e Miguel Toval (editor).
A Coruña: presentación do libro No país das vacas de Xurxo Lobato
O libro do fotógrafo Xurxo Lobato No país das vacas, editado por Xerais, será presentado na Fundación Caixa Galicia da Coruña (no Cantón Grande) o día 21 de decembro, luns, ás 20,00 horas. Intervirán no acto Lourenzo Fernández Prieto, Antón Reixa, Xosé Turnes, Manuel Bragado e Xurxo Lobato.
