Igor Lugris participará nun encontro de artistas en Lombillo

“E assim, entre os dias 17 a 21 de Julho, 11 pessoas, das quais 6 som pintores/as (3 homens e 3 mulheres) e outras cinco, pessoas que participaram no encontro desde a videocreaçom, a fotografia, a poesia e a performance, conviviremos, comeremos, beberemos, falaremos e trabalharemos em Lombilho.
Das cinco pessoas que nom nos dedicaremos à pintura, quatro (Roberto Sanz, Federico Ariel, Reme Remédios e um servidor), trabalharemos individualmente e em conjunto para criar umha obra colectiva.” (Ovnis e isoglossas)

“alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”, en Ponferrada

A galeria de arte Dosmilvacas. a r t e (Avda. de Astorga, nº 7 bajo, Ponferrada) inaugura este venres 15 de xuño ás 21:30 horas a mostra colectiva “alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”. Participan nela preto de 30 artistas e ofrece unha visión ampla e diversa das relacións entre o mundo da arte, a literatura e a gastronomía.

Exposición de Alfonso Costa sobre Níxer en Ferrol

Na Galería Sargadelos Ferrol vaise inaugurar a exposición de Alfonso Costa, con fotografías e gravados sobre Níxer. O acto terá lugar o xoves 7 de xuño, ás 20:00 horas. Presentará o acto o escritor Francisco X. Fernández Naval. Actuará o Grupo Ouriol, formado polos músicos: Fito Ares, Bernardo Martínez e a poetisa Eva Veiga. Tamén recitarán poemas sobre Níxer Alfonso Costa, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. A exposición permanecerá aberta ata o 29 de xuño.

Exposición “Poemas pola memoria”, n’A Coruña

Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Olmos, 16-18, 1º) o vindeiro venres 25 de maio (13:00 horas) terá lugar a rolda de prensa de presentación da exposición Poemas pola memoria, que organiza a Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración coa Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e patrocinada pola Delegación provincial da Consellaría de cultura.
Trátase dunha exposición fotográfica de Manolo Graña acompañada por poemas que recollen a represión fascista en Galiza. A inauguración será o mesmo día ás 18:00 horas.