Ferrol: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge

O xoves 3 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, acompañando ao autor, Francisco Pillado e Eliseo Fernández.

Xesús González Gómez: “Traducións ao castelán no tempo dos bárbaros”

Traballo de Xesús González Gómez, en que “Propón un borrador de historia das traducións de libros galegos ao castelán despois da Guerra do 36 até o asentamento definitivo da democracia. Editoriais que quixeron dar a coñecer o escrito na nosa lingua nun tempo no que se consideraba bárbaro incluso falala.”, publicado en A Nosa Terra.

A Coruña: conferencia de Xoán Bernárdez Vilar sobre Hermerico, o primeiro rei da Galiza

O martes 11 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, o escritor e historiador Xoán Bernárdez Vilar falará dentro do ciclo “Economía, Historia e Ciencias Sociais” da A. C. O Facho, sobre “Hermerico, o primeiro rei da Galiza”.

A Coruña: conferencia de Francisco Carballo sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640

O martes 14 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, e con entrada libre para o público, terá lugar unha conferencia de Francisco Carballo, dentro do Ciclo “Economía, Historia e Realidade Social”, da A. C. O Facho, sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640, na que departirá cos asistentes sobre os acontecimentos históricos a mediados do século XVII no noso País.

Vigo: presentación de Algo máis que un café. O Derby de Vigo, de Albino Mallo

O venres 12 de novembro, ás 20:00 h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n. Vigo), preséntase Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968, de Albino Mallo, publicado en Galaxia, onde se percorre a historia deste emblemático café da cidade olívica.