O 28 de xaneiro, a partir das 20:30 h., no Salón Teatro de Santiago, estréase o espectáculo de Cándido Pazó Memoria das Memorias dun neno labrego, sobre a obra de Xosé Neira Vilas, quen subirá ao estrado para recibir a merecida e calurosa homenaxe do público.
Arquivo da categoría: Homenaxes
Santiago: presentación da nova edición de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
O mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 h., no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da nova edición de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, acto co que o Concello da cidade e a Editorial Galaxia conmemoran o 50 aniversario da publicación desta obra. No acto participan Guadalupe Rodríguez Silva, Víctor F. Freixanes e o propio autor, contando tamén coa presenza do actor e director Cándido Pazó, quen fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado no libro, que se estreará no Salón Teatro de Santiago o 28 de xaneiro ás 20:30 h., onde permanecerá durante tres días. Aquí se pode descargar a presentación do espectáculo: Dossier Memoria das Memorias dun neno labrego. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Galiza Cultura homenaxeará en varias cidades a Castelao
(Xornal)
2011. Ano Xoán Manuel Pintos
Fervenzas Literarias. Máis información en Xornal, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, La Opinión e El País.
A Real Academia Galega homenaxea a X. M. Pintos
Homenaxe a Andrés Torres Queiruga en Aguiño
Vigo: homenaxe a Francisco Fernández del Riego
O venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 24-26) de Vigo, terá lugar unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, organizada pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia. Participarán na homenaxe, para a que se están a recibir numerosas adhesións, Ramón Villares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, os académicos Xosé Luís Franco Grande e Xesús Alonso Montero, a filóloga e investigadora Malores Villanueva, Marián Vidal, directora técnica da biblioteca e arquivo Penzol, Benxamín Casal e Alfonso Zulueta de Haz (vicepresidente da Fundación Penzol). Antón Pulido entregaralle á Fundación Penzol unha copia do retrato de don Paco que no seu día o pintor realizou para a Real Academia Galega. Tamén se proxectará un vídeo de carácter biográfico realizado por Félix Vidal, mentres que Rosa Aneiros, premio de xornalismo Fernández del Riego, escribiu Unha Alba de Gloria para Fernández del Riego. O acto estará conducido por Víctor Freixanes. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Ferrol: exposición-homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, organizada polo Concello
Celebracións do centenario de Álvaro Cunqueiro
Baiona: homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro
(Galicia Hoxe, Xerais, La Voz de Galicia, Xornal). Crónica posterior en La Voz de Galicia e Xerais.