Arquivo da categoría: Homenaxes
Ourense: acto literario do Centro PEN Galicia en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor
Desde El Correo Gallego:
“Nesta XI edición, 35 aniversario do pasamento do ilustre ourensán, respondendo ó chamamento do Parlamento de Galicia que, por unanimidade dos grupos da Cámara, declarou 2014 como Ano Blanco-Amor, a actividade promovida polo PEN terá lugar o luns 1 de decembro, ás 12:00 h, no cemiterio de San Francisco, en Ourense. (…). Este é o programa:
– Saúdo e benvida: Luís González Tosar (Presidente do Centro PEN Galicia).
– Palabras de Siro López: Algúns aspectos do humor de EBA.
– Lecturas a cargo das alumnas e alumnos.
– Breves intervencións de:
– Víctor F. Freixanes (Director da Ed. Galaxia).
– Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG).
– Ana Garrido (Concelleira de Cultura).
– Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación de Ourense).
– Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Educación e Ord. Univ).
Finalizará cunha ofrenda floral.
Esteiro, Muros: homenaxe a Xosé Agrelo Hermo
Compostela: presentación de Letras nómades, coordinado por Ana Acuña, e homenaxe a Begoña Caamaño
O venres 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, coordinado por Ana Acuña, e editado por Frank & Timme. O acto, que contará coa presenza da coordinadora do volume, así como das colaboradoras Manuela Palacios, Olivia Rodríguez, María Xesús Nogueira e Susana Sánchez Arins, finalizará cunha lectura colectiva do texto Viaxar para ler o mundo. Viaxar para lerme, de Begoña Caamaño, incluído no volume.
Vigo: homenaxe a Begoña Caamaño
A Coruña: Despedida dun domador. Recital homenaxe a Antonio Muñoz Quintana
Mondoñedo: entrega do III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro
O sábado 15 de novembro, en Mondoñedo, terán lugar varios actos en relación á entrega do III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. Os actos serán os seguintes:
– 12:00 h. Recepción oficial na Casa do Concello de Mondoñedo.
– 12:15 h. Ofrenda floral ante a tumba de Manuel Leiras Pulpeiro.
– 12:45 h. Entrega dos premios do III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, no Salón de Plenos do Concello.
A Coruña: XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro
O xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coa participación de:
– Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda, coa obra Palabras de víspera, de Álvaro Cunqueiro;
– Grupo de Teatro Valacar da ONCE, coa obra Orientación, de Antonio Gelpí.
– Bucanero, coa obra Horario de visitas, de Ettore Buch.
– La Tuerka 27, coa obra Ascensores, de Alfonso Zurro.
– Espello Cóncavo, coa obra Occidente, de Lino Braxe.
– Música co pianista Antonio Rumbo.
– Premio Ibán Toxeiro pola súa aportación ao teatro a Francisco Pillado.
– Presenta: Juan Fernán.
– Dirixe: Lino Braxe.
Será ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.