Carballo: actividades do sábado 24 e domingo 25 na Praza dos Libros

Finaliza esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal neste fin de semana, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos destacamos os seguintes para cada día:

Sábado 24
– 19:30 h. Presentación de Viaxe polo corazón de Bergantiños, de Xosé Pumar Gándara, publicado por Embora. No acto, xunto ao autor, participan Miguel Toval, Xosé Manuel Varela e Evaristo Domínguez
– 20:30 h. Presentación, recital poético e concerto musical de Versus, coa participación, entre outros, de Antón Borrazás, Miguel Queipo e Óscar de Souto.

Domingo 25
– 12:00 h. Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas e do resto das súas obras.
– 18:00 h. Xosé Neira Vilas presenta os seus libros Cancela aberta, publicado por Xerais e Aquel neno, publicado por Embora. Xunto co autor, participarán no acto Manuel Bragado e Miguel Toval.
– 20:00 h. Presentación e concerto de Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado en Galaxia, coa participación, xunto á súa autora, de Samira Remuiñán, Xan Remuiñán e Rosalía Fernández Rial.

Betanzos: Unha viaxe por Irán, por Cesáreo Sánchez Iglesias

O luns 26 de agosto, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, Cesáreo Sánchez Iglesias pronunciará a conferencia Unha viaxe por Irán.
Previamente, o sábado 24, ás 12:30 horas, Tucho Calvo protagonizará un contacontos arredor do seu libro Paxaro de mar e vento, publicado en Biblos.

Carballo: actividades do venres 23 na Praza dos Libros

Continúa esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal até o 25 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o venres 23, destacamos os seguintes:

– 12:30 h. Presentación e lectura dramatizada da obra O rei portador e outras historias, de Beatriz Fraga, publicada por Euseino?, coa participación de rapazas e rapaces da Escola de Verán Xiria.
– 20:30 h. Recital poético Versus cianuro, sobre o libro publicado pola A. C. Caldeirón. Participan, entre outras persoas, Paco Souto, Rosalía Fernández Rial, Roberto Roget, Paco de Tano, etc.

Foz: actos destacados da fin de semana na Feira do Libro

O sábado 17 de agosto inaugúrase a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horario de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos literarios previstos para o sábado 17 e domingo 18 destacamos os seguintes:

Sábado 17
– 20:00 h. Pregón a cargo de Manuel Lourenzo.
– 21:00 h. Presentación de Bágoa de Lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, coa presenza da autora, acompañada por Bernardo Penabade.

Domingo 18
– 20:30 h. Recital poético.

Cee: actividades destacadas do sábado 17 e domingo 18 na Feira do Libro

Chega á súa fin a Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas). Destacamos destes derradeiros días as seguintes actividades literarias:

Sábado 17
– 12:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, editada por Xerais, que estará acompañado por Víctor Manuel Castiñeira Castro.

Domingo 18
– 12:30 h. Na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con Beatriz Maceda: Man. O alemán de Camelle, e obradoiro de materiais creativos.

Viveiro: actos do xoves 15 na Feira do Libro do 2013

O xoves 15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, con horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos para ese día, destacan a asinatura de libros, a partir das 19:00 horas, de Olalla Cociña, e a presentación, a partir das 20:30 horas, de Bágoa de Lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, coa presenza da autora, acompañada por Bernardo Penabade. Finaliza a xornada coa presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado por Redelibros.
Previamente, o mércores 14, ás 19:30 horas, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, coa participación de Comba Campoy e Anxo García.

Betanzos: apertura da Libraría Biblos

O xoves 15 de agosto abre as súas portas a Libraría Biblos en Betanzos (Rúa Santiago, 4), con este programa de actividades:
– De 11:30 a 13:00 h. Os ilustradores Xosé Tomás, Xoti de Luís, Suso Cubeiro, Xoán G. e Manel Cráneo asinarán as súas obras. Haberá globos para todos os nenos. Cinco grandes ilustradores galegos dedicarán os seus libros infantís e de adultos na libraría e na praza de Lanzós.
– 13:00 h. Presentación Café con Biblos e a obra En Betanzos, de Alfredo Erias, guía escrita e ilustrada para botar unha ollada á cidade e os seus barrios.
– 18:00, 20:00 e 20:30 h. Tapa dura, de Antón Coucheiro. Tres funcións de microteatro: entrada, 3 euros.

Cee: actividades destacadas do mércores 14 na Feira do Libro

Dentro dos actos da Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas), destacamos as seguintes actividades para o mércores 14:

– 11:30 h. Na Praza da Constitución, Un anaquiño de contos con Rocío Leira, autora da obra Universo Pitágoras, editada por Biblos, que realizará un obradoiro matemático para nenos.
– 12:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Contos de soños e sombras, de César Ariza Piñeiro, editada por Urco Editora, que estará acompañado por David Cortizo.

Cee: actividades destacadas do martes 13 na Feira do Libro

Dentro dos actos da Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas), destacamos as seguintes actividades para o martes 13:

– 19:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Viaxe ao interior da fenda, de Serxio Iglesias, editado por Sotelo Blanco. O autor estará acompañado por Marcos Giralt Torrente.
– 20:15 h., no mesmo lugar, presentación da obra Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire editado por Baía Edicións, coa presenza, xunto ao autor, de Xosé Tomás e Belén López Vázquez.
– 22:30 h. Noite de terraza literaria na rúa da Pena (zona bares Marigel e Recunquiño): recital a cargo de varios poetas e presentación da obra Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editado por Toxosoutos, coa presenza de Xilberto Caamaño e Miro Villar, coordinador da obra.

A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o venres 9

O venres 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:

Venres 9
– 19:00 h. Xabier López López asina exemplares da súa obra na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
– 20:00 h. Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Bilbao, escritor e editor de Libros de Pizarra. Modera o acto Mercedes Queixas Zas.
– 21:00 h. Presentación e sinatura do libro A nosa botica, de Miguel Mosquera Paans, publicado por Edicións do Cumio.