Arquivo da categoría: Internet
Vídeo da presentación en Vigo do número 7 da revista Follas Novas
Compostela: actividades do 13 de xuño na SELIC 2023
Vídeo da sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas de Francisco Fernández del Riego na Real Academia Galega
Vídeo da presentación en Vigo de Facedores de imaxes, con Vítor Vaqueiro
Vídeo da presentación en Vigo de Multitudes, de María Reimóndez
Xai-Xai, Mozambique: Iolanda Aldrei, Alexandre Brea e Concha Rousia no VII Festival Internacional de Poesia 2023
Inspiraciencia: “Narrativas do carbono. Obradoiro para humanos sobre literatura e ciencia”, impartido por Estíbaliz Espinosa
Para conmemorar Sant Jordi, desde Inspiraciencia, proxecto coordinado pola Delegación do CSIC en Cataluña e financiado pola FECYT, ofrécese este obradoiro de escritura creativa científica gratuíto en liña.
A profesora será Estíbaliz Espinosa, escritora galega de poesía, ensaio e tradución, cantante, comunicadora de ciencia e astrónoma amadora. A actividade realizarase grazas á colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O obradoiro repetirase en dúas sesións diferentes. As prazas son limitadas!
NARRATIVAS DO CARBONO. OBRADOIRO PARA HUMANOS SOBRE LITERATURA E CIENCIA
Formato: en liña – Zoom. A ligazón enviarase o día da sesión
Prazas: 10 por sesión
Data sesión A: martes 25 de abril | 18:30-20:30
Data sesión B: mércores 26 de abril | 18:30-20:30
Inscrición sesión A (25/4/23): https://www.eventbrite.com/e/617010413757
Inscrición sesión B (26/4/23): https://www.eventbrite.com/e/617013904197
Podes atopar máis información sobre os obradoiros nesta noticia.
Contacto: info@inspiraciencia.es / ana.yeste@dicat.csic.es