“Nun
acto convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo o xoves 28 de xuño, inaugurouse o Ano Ben Cho-Shey, dedicado a este insigne galeguista, coa primeira das actividades que incluíu, ademais da intervención do delegado de Cultura da Deputación, a intervención de Xoán Ramiro Cuba, coordinador do Ano Ben Cho-Shey, así como unha proxección de fotografías: Lugo na cámara de Ben-Cho-Shey (importantes documentos fotográficos que son testemuñas históricas dunha época) que foi comentando e analizando o propio Xoán Ramiro Cuba, xunto á intervención musical a cargo de Antón Castro e unha lectura dramatizada de textos inéditos do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey, a cargo de Tereixa Campo e Paloma Lugilde. (…)
Xoán Ramiro Cuba, pola súa banda, destacou que “máis que homenaxealo postmortem o que pretende a Área de Cutura coa organización deste ano é dar a coñecer a todo os galegos e galegas a vida e a obra de Ben-Cho-Shey, queremos que Galiza coñeza esta figura tan inxustamente esquecida e arrecantada e recoñeza a verdadeira dimensión deste intelectual que traballou sempre por amor a Galiza cun compromiso esforzado e inquebrantable. Dese compromiso e dos seus froitos dános unha idea moi clara Xosé María Álvarez Blázquez cando di: “Ben-Cho-Shey é o galego máis galego que teño coñecido. Atesoura a xenerosidade dun Otero Pedrayo, o entusiasmo dun P. Sarmiento, a sabencia folklórica dun Risco, o patriotismo dun Castelao. Se houbese que facer un desfile de galeguismo, Ben-Cho-Shey sería o abandeirado”.” Vía Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Arquivo da categoría: Lectura
Vigo: café literario arredor de A semellanza, de María Xosé Queizán
O
mércores 27 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova edición do Café literario do Centro de Documentación e Recursos Feministas (Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 – 2º) de Vigo, onde se falará sobre a obra de María Xosé Queizán A semellanza, publicada por Sotelo Blanco. Como relatora estará Elisabet Pérez, vicepresidenta da asociación Nós mesmas.
Vigo: concerto en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O
martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 13) de Vigo, e con entrada de balde, a Consellería de Cultura e Educación organiza un concerto en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro dentro do programa de actividades para conmemorar o centenario do nacemento do escritor. Yolanda Castaño presenta o acto, no que se alternarán recitados de textos do escritor e poemas musicados, nas voces de Iolanda Zúñiga, Inma López Silva, Rexina Vega, Ataque Escampe, Coke Céspedes, Patricia Moon, Frans Banfield ou Davide. Tamén participará o catedrático Xesús Alonso Montero.
Bibliotecas de Oleiros: Lecturas para ti: guía de recomendacións para este verán
Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron unha guía con 278 recomendacións de libros, DVD e CD titulada Lecturas para ti, na que se presentan recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa cultura ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar; películas ou discos para gozar e compartir. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Os obxectivos que desexamos conseguir son: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo. (…)” Desde o blogue das Bibliotecas Municipais de Oleiros.Celanova: No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o 20 e 21 de xuño
O
mércores 20 (de 10:45 a 12:25 h.) e o xoves 21 de xuño (de 19:00 h. en diante), na Biblioteca do IES Celanova, baixo a organización desta Biblioteca e da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia, e a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebraranse diversas actividades baixo o nome de No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Exposicións:
– Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova). Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989.
– Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Libro feito polo alumnado de Educación Infantil.
– O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular.
– Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
– Os ollos das palabras. Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos.
Presentacións:
– Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia (IES de Celanova). Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca.
– Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor. Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova.
Audiovisuais:
– A miña palabra preferida é… (CEIP Curros Enríquez – Celanova). Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova.
– Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova). Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro.
– A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez – Ramirás). Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
– Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle). Versión dun poema de Henrique Feixó.
– Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande).
– Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia.
– Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia). Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
– Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño). Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG.
Recitais:
– Recital musicado dos poemas Nai, Soldado e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova).
– Interpretación musical dos poemas Bande e María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande).
Intervencións:
– Celso Emilio Ferreiro fai cen anos. Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
– Escritores da Terra. Terra de escritores. Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
– A palabra dos nosos escritores. Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia.
Propostas:
– Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro.
Santiago: clausura da Campaña de Animación á Lectura
A Coruña: Lecturas compartidas de Valentín Paz Andrade nas Bibliotecas Municipais
Lugo: actos destacados do martes 15, mércores 16 e xoves 17 na Feira do Libro
Comeza
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior) con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. As actividades máis destacadas do martes 15, mércores 16 e xoves 17 son as seguintes:
* Martes 15:
– 19:45 h. Inauguración oficial. Actuación dos alumnos de gaita e percusión de Tradescola. Pregón inaugural a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa. Actuación dos alumnos de Tradescola.
* Mércores 16:
– 19:00 h. Valentín Paz Andrade na feira de Lugo. Lectura de textos do autor a cargo de Marina Cillero, Carmen Blanco, Amelia Balseiro e Tonina Gay, nun acto coordinado por Ángeles Fernández Maira.
* Xoves 17:
– 19:00 h. Presentación dos libros Os fillos do mar, de Pedro Feijóo e O misterioso Doutor Saa, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, publicados por Edicións Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.
Carnota: actividades arredor do Día das Letras Galegas
Programación do Concello de Carnota con motivo do Día das Letras Galegas. Vía Que pasa na Costa.
Carballo: maratón de lectura As letras en voces, o 17 de maio
O
xoves 17 de maio, de 11:00 a 13:30 horas, no Xardín Municipal de Carballo, e dentro dos actos do Mes das Letras organizado polo Concello de Carballo, terá lugar unha lectura pública e colectiva dos autores homenaxeados no Día das Letras na que cada participante le un fragmento literario de calquera dos cincuenta autores que teñen sido recoñecidos este día, con especial atención ao escollido este ano, o pontevedrés Valentín Paz-Andrade. Os interesados e interesadas en reservar horario poden facelo no teléfono 981-704300; no fax 981-704302 e no correo cultura@carballo.org. O maratón As letras en voces contará, así mesmo, coa apertura musical da Banda Tradicional de Gaitas, que dirixe Xesús Moreira, e coa actuación das corais Riveiras do Anllóns e o coro da Asociación COEI.


