
Arquivo da categoría: Lingua
Vigo: I Xornada sobre a discriminación lingüística
Gondomar: Faladoiros do IEM. “Orixe e actualidade das Falas Galegas do Val e do Río Ellas”, de Xosé-Henrique Costas González
Compostela: conversa sobre proxectos para vivir en galego
A Coruña: “A lingua en xogo. O galego no deporte”, conversa con Marta Otero e Alberto Pombo
Salvaterra: actividades do 6 de setembro no 37 Festival da Poesia no Condado 2025
O Vicedo: Festival Língua Moza 2025, os 9 e 10 de agosto
Silleda: mesa redonda e coloquio sobre O libro negro da lingua galega, con Carlos Callón
Carballo: XVIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en lingua con inmigrantes”, os 15 e 16 de xullo
O proceso Lingua Vital bota a andar en Compostela, despois da multitudinaria manifestación do 17 de maio
Desde Queremos Galego:
“Entidades, colectivos e organizacións de toda Galiza constituiron esta fin de semana en Compostela o proceso social Lingua Vital, co obxectivo de “conseguir avances na normalización da lingua galega” e “garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos”, como recollen os acordos e nacionais e internacionais como a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), a Carta Europea das Lingua Rexionais e Minorizadas (2001) ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004).
Este proceso recolle o malestar amosado pola sociedade galega nas multitudinarias mobilizacións de febreiro e maio de 2025 e de novembro de 2024, cando milleiros de persoas sairon á rúa para denunciar que estes acordos non se están a respectar, que as medidas que indicaban non se aplican e que neste tempo se chegou a lexislar en contra deles, acelerando a tendencia negativa no uso do galego e acadando unha porcentaxe de incapacidade para falalo inédita na historia de Galiza.
As 60 entidades galegas de todos os ámbitos integradas no proceso Lingua Vital Xa comprometéronse, de cara ao último trimestre deste ano a organizarse en grupos de traballo nos que avaliar de xeito sectorial o grao de cumprimento e efectividade das medidas contempladas no PXNLG; identificar os principais obstáculos para a efectivización das medidas incumpridas, detallando que cómpre remover, modificar ou aplicar para a súa execución; propor un calendario de accións normativas e executivas concretas para o cumprimento e efectivización das medidas do PXNLG, da CELRM, da DUDL e do PGDL; fixar os mínimos que cada entidade social está en condicións de asumir na súa acción diaria na medida en que poden producir un efecto normalizador no seu ámbito; e, finalmente, a acadar un compromiso de aplicación polas institucións públicas.
As entidades e persoas que estean interesadas en participar no proceso poden escribir ao correo electrónico queremosgalego@queremosgalego.gal e solicitar máis información.”















