O
sábado 6 de novembro, no Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, terá lugar o V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Cultura da Coruña, co seguinte programa:
10:00 a 11:30 h.
Mesa redonda: Que ten a poesía que ninguén a le pero todos a precisamos.
Con Celso Fernández Sanmartín, Óliver Laxe e Álvaro Negro.
Coordinación de Antía Otero.
11:30-12:00 h.
Descanso.
12:00-14:00 h.
Mesa redonda: Pero tan importantes son os premios literarios?
Con Ledicia Costas, Olalla Cociña e Lucía Novas.
Coordinación de Francisco Castro.
Xantar.
17:00-18:30 h.
Mesa redonda: Recóllote i érgote no verbo inteiro. A literatura galega de hoxe ante o seu idioma.
Con María Lado, Olalla Tuñas e Xosé Daniel Costas.
Coordinación de Marta Dacosta.
19:00-20:00
Recital e clausura.
Toda a información está disponíbel neste enlace á páxina do V Encontro. O acceso será libre até completar capacidade. En sucesivos días iremos poñendo á disposición do público máis información sobre as intervencións preliminares dos/as escritores/as participantes.
venres 5 de novembro, ás 20:00 h., preséntase no Centro Social Revira (rúa de Gonzalo Gallas nº 4) de Pontevedra o libro
venres 5 de novembro, ás 21:00 h., no Pub Aljama (rúa Progreso, 35, 1º), de Ribadavia, preséntase o libro
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as VII Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre as relacións entre lingua e sanidade, nomeadamente sobre a presenza da lingua galega no ámbito sanitario. As Xornadas terán lugar os días 1, 2 e 3 de decembro no salón de actos do Edificio Universitario do campus de Oza. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o día 24 de novembro. O programa pódese descargar 
xoves 21 de outubro, ás 20:30 h., na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18) da Coruña, preséntase o libro Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, publicado por Laiovento, coa participación dos autores Luís Villares e Carlos Amoedo, acompañados por