Vilagarcía de Arousa: recital poético en homenaxe a Manuel María

OManuel María sábado 21 de maio, ás 18:30 horas, na Peixería, en Vilagarcía de Arousa, terá lugar un recital poético en homenaxe a Manuel María, coa intervención de Xesús Alonso Montero, Tito Porto, Enrique Brumbéck, Goretti Fariña, Elvira Riveiro e Antón Blanco, acompañados polo pianista Germán Jesús Torres Sánchez, que interpretará unha selección de música clásica.

Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 20

OFeira do Libro de Lugo 2016 venres 20 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

17:30 h. Presentación do libro A música das árbores, a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro, con actuación musical.
19:00 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Xunto ao autor participan Francisco Legaspi e Belén López Vázquez.
20:00 h. Presentación de Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, publicado por Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
21:00 h. Os outros feirantes, evento nocturno na Feira, onde participan Lois Pérez, Esther Carrodeguas, o mago David Méndez, e música de Zercalo.

A Coruña: acto literario e musical no Centenario da fundación das Irmandades da Fala

Centenario_Irmandades_da_Fala

A Coruña: Mostra de teatro amador

Mostra de teatro 40 Aniversario

Boiro: VI Romaría das Letras no Barbanza

Romaría das Letras no Barbanza 1Romaría das Letras no Barbanza 2

Lugo: actos destacados na Feira do Libro o martes 17 e mércores 18

OFeira do Libro de Lugo 2016 martes 17 de maio comeza a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o martes 17 e mércores 18:

Martes 17:
13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, por Nova Galicia Edicións.
17:00 h. Alberte Momán asinará exemplares da súa última obra, Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
19:00 h. Presentación do Libro O Gaiteiro de Santo Xusto, de Bruno Villamor.
20:00 h. Pregón a cargo de Xerardo Quintiá.

Mércores 18:
19:00 h. Presentación do libro-CD A música dos Carricoba, de Federico Vázquez de la Fuente, publicado por Ouvirmos.
20:00 h. Presentación de Cinepoemas, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Ouvirmos.

Coñécense os gañadores do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

Oscertame manuel murguia de arteixo vencedores 2016 por nifunifa premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía coñecéronse durante a cerimonia celebrada durante a noite do venres 13 de maio en Arteixo. Durante o acto de entrega, que foi comandado polo profesor e escritor Henrique Rabuñal, o novo coordinador do certame, Alfredo Ferreiro, presentou o volume A garza insomne, que recolle os nove relatos finalistas das anteriores tres edicións, e sobre o que valorou “a colaboración do fotógrafo Xacobe Meléndrez, cuxa garza real destaca na portada do libro; e tamén, desde logo, o traballo esmerado e rigorosamente profesional de Galaxia, editora que nos honra colocando o noso libro na súa colección literaria principal, o que asegura a súa máxima divulgación”. O escritor Xavier Alcalá falou en representación da editorial e confirmou o interese da de Galaxia en apoiar os criadores e as criadoras do país dentro e fóra do mesmo, para o que está empeñada na actualidade na súa modernización e internacionalización, especialmente nos mercados hispanófono e lusófono.
A continuación o coordinador leu a acta do xurado, composto polos escritores Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador que asistiu como secretario, con voz e sen voto), en que se revelaba que por unanimidade debían os tres premios ás seguintes obras:
– 1º Premio, con 4.000 € e a publicación da obra, para o relato “Hai patios de luces tristes”, de Diego Giráldez.
– 2º Premio, con 500 € e a publicación da obra, para o relato “O mérito da chuva”, de Carlos Quiroga.
– 3º Premio, con 300 € e a publicación da obra para o relato “A aranha de Sidney”, de José António Lozano.
O evento contou coa actuación musical do grupo 4 jazz, que interpretou temas con letra de Manuel María así como outros do canon lírico galego, portugués e brasileiro.
A velada, que tiña comezado coa plantación dunha árbore conmemorativa do 25 aniversario do Certame, luce unha placa en que pode lerse: “Con raíces na Terra / a lingua medre / e a literatura floreza”. Como fin de festa, celebrouse un ágape na sala de exposicións do Centro Cívico.
A esta edición do certame presentáronse 72 orixinais, dos que 60 foron seleccionados para a valoración do xurado por cumpriren debidamente as bases.
A foto dos autores premiados é de Nifunifa.