O domingo 28 de novembro, a partir das 18:00 h., no Centro Social do Mar de Bueu, preséntase o libro Noites, amenceres… e algo máis, de Asun Estévez, publicado en Ir Indo. Posteriormente, haberá un recital poético a cargo da propia autora, acompañada á guitarra por Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz.
Arquivo da categoría: Música
A Coruña: Elas falan, espectáculo poético-musical do grupo Ouriol
O venres 26 de novembro, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, o grupo Ouriol, formado por Eva Veiga (interpretación e elección dos poemas), Fito Ares (frauta traveseira) e Bernardo Martínez (clarinete e percusións), presentan este espectáculo poético-musical, Elas falan, no que se fan valer a voz de todas as mulleres. A través dos seus poemas –estarrecedores, lúcidos, valentes, fermosísimos– revélannos algo que, máis aló das circunstancias históricas e biográficas nas que se producen, atinxen aos homes e ás mulleres de toda época e condición. Elas son Anna Ajmátova, Marina Tsveitáieva, Sylvia Plath, Alejandra Pizarnik, Nazik Al Malaika, Luísa Villalta, Clarice Lispector, Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza e Wislava Szymborska. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
A Coruña: Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación
As Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, organizadas pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Universidade da Coruña, terán lugar os días 24, 25, 26 e 27 de novembro, na Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza) da Coruña, co obxectivo de achegarse á súa vida e obra tanto desde a súa faceta literaria como da propia historia, dando visibilidade a un dos grandes da literatura galega e darlle o recoñecemento que merece. O programa é o seguinte:
Mércores 24
17:00 – 17:30 h. Recepción e entrega de material.
17:30 – 17:40 h. Inauguración.
17:40 – 20:30 h. Mesa redonda Ricardo Carvalho Calero na memoria.
– Proxección de Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história, Francisco Salinas Portugal, 1988.
– Presenta, introduce e modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
– Participan:
* Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
* Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
* Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
* Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.
* Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.
21:00 h. Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: Isto é o que nos foi dado. Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero:
* 1ª Parte: Recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo.
* 2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Xoves 25
18:00 – 20:00 h. Mesa redonda: Pensamento, intervención e ciencia.
– Presenta, introduce e modera: Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña: Ensaio lingüístico e literario.
– Participan:
* Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura Española: O compromiso co nacionalismo.
* José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela: O labor universitario.
20:10 – 21:40 h. Presentación do libro Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero e proxección do vídeo inédito do seu autor, R. Raimunde Noreña.
Venres 26
17:00 – 21:00 h. A creación literaria.
17:00 – 18:15 h. A poesía de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.
– Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.
18:15 – 19:45 h. A narrativa de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor na Universidade de Santiago e ocasionalmente en Nova York e na Bretaña.
– Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, escritor e profesor.
19:45 – 21:00 h. O teatro de Ricardo Carvalho Calero.
– Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.
– Argüente: Carlos C. Biscaínho, profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Sábado 27
10:00 – 13:00 h. Mesa redonda O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho Calero.
– Presenta, introduce e modera: Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
– Participan:
* Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela: A gramática galega no século XX: O contributo de Carvalho Calero.
* Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Santiago de Vigo: Etapas do pensamento lingüístico de Carvalho Calero.
* Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña: A sociolingüística galega antes e despois de 1936. O contributo de Carvalho Calero.
* Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela: Carvalho Calero, planificador da língua galega.
13:00 – 14:00 h. Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na Casa Casares Quiroga da Coruña.
14:00 h. Clausura.
A matrícula realizarase a través da web da AS-PG, no apartado de Formación. O prezo da matrícula é de:
– Socios/as da AS-PG. 11 euros.
– Parados: 21 euros.
– Normal: 41 euros.
– Estudantes universitarios: gratuíta. Os/as estudantes universitarios, á hora de rexistrarse para facer a matrícula, deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son universitarios/as.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación. Os estudantes non se contabilizan nesta porcentaxe. Solicitada a homologación por 15 horas lectivas.
Aquí se pode descargar o programa en .pdf: Xornadas Ricardo Carvalho Calero.
A Coruña: Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero
O mércores 24 de novembro, a partir das 21:00 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar, dentro das actividades das Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, o espectáculo Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica ao autor, dividido en dúas partes: un recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceiras, Santiago Fernández e Manu Clavijo, e un concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Vigo: II edición de A hostia en verso, recital con poesía, música e pintura
O venres 19 de novembro, a partir das 21:30 h., na Galería Jazz (Ronda de don Bosco, 21) de Vigo, celebrarase a segunda edición de A hostia en verso, un combate lírico que enfrentará a Ledicia Costas, Daniel Landesa, David Rodríguez, Lara do Ar, Miguel Valverde e Xabi Xardón, ou o que é o mesmo: poetas montañeses VS. poetas pescos! O acto estará presentado polas tamén poetas Lucía Aldao e María Lado e contará coa intervención musical de Mr. Carácter. Para máis, a pintora María Longa fará unha intervención en directo.
Santiago: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
A sexta-feira, 19 de novembro, a partir das 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro-CD Noente Paradise, de Ugia Pedreira, publicado por Através Editora. No acto intervirán Marina Oural (Rapsoda), Martázul Busto, Raquel Miragaia e a propia autora.
A Coruña: III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo
O venres 19 de novembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.
Xavier Castro dirixe un curso que mestura viño, música e literatura
(Xornal)
La Llagosta (Barcelona): inauguración da Biblioteca Basilio Losada no Centro Galego Alborada
O venres 12 de novembro, a partir das 18:30 h., no Centro Galego Alborada de La Llagosta (Barcelona), inauguración da Biblioteca Basilio Losada. A continuación actuará a cantante María do Ceo.
San Cibrao, Cervo: recital-concerto Ao raso das lebres a cargo de Casahamlet
Con motivo da celebración do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro a Fundación Manuel María organiza, o xoves 4 de novembro a partir das 20:00 h., no Museo Provincial do Mar (Avenida da Mariña, s/n.) de San Cibrao, Cervo, o recital-concerto Ao raso das lebres. Versos de Rosalía de Castro, de Casahamlet, onde se mostra a lucidez e rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola conciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións. Con este recital-concerto, Casahamlet pretende facerlle chegar ao público, un exemplo de poesía e de compromiso que teñen na nosa escritora os seus acentos máis sonoros. Este acto forma parte da exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!.