Arquivo da categoría: Música
Lugo: Letra das Festas. San Froilán 2022 (Revista oral do San Froilán), o 6 de outubro
A Letra das Festas. San Froilán 2022 (Revista oral do San Froilán) é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Chega a edición número 12 da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, baixo o título Vir ao San Froilán. Memorias e anécdotas de cando se vén ao San Froilán.
Terá lugar o xoves, quinta feira, 6 de outubro, ás 19.00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
A entrada será de balde até completar capacidade.
Interveñen:
– Anxo García
– Noemí Fernández Fusalba
– Xosé Espín
– Ramudo
– Orestes Currás
– Marta Veiga Izaguirre
Ambientación musical:
– Luís Monsalve
– Coordinación e presentación:
– Lois Pérez
– Antonio Reigosa
Bouzas, Vigo: presentación de Son da cidade, de Pablo Vázquez e Denis Carballás
Outeiro de Rei: gala-concerto da fase final do Concurso Manuel María de Composicións Musicais
Vilagarcía de Arousa: Semana de Muller e cultura, do 7 ao 14 de outubro
Vigo: conversa con Antonio García Teijeiro arredor de Se falases de min
Compostela: presentación do DVD Batallón Literario da Costa da Morte. 25 anos despois
Intervirán no evento: Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Pepe Formoso, precursor do proxecto; Modesto Fraga, poeta e coordinador; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e pechará o acto Manoele de Felisa, que interpretará Feros Corvos.

















