Arquivo da categoría: Narrativa
“900 páxinas para contar medio século”
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Xabier López publica na editorial Galaxia a novela 900, gañadora do premio Torrente Ballester.
Os cambios sociais da primeira metade do século XX, contados a través das vidas de tres mozos nados no ano 1900.
Parodia e múltiples referencias literarias, nunha novela que se despraza entre unha casa fidalga en decadencia, o Santiago estudantil ou os campos de batalla da primeira guerra mundial, entre outros escenarios.
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Compostela: coloquio arredor de Infamia, de Ledicia Costas
Barcelona: presentación e coloquio con Eduard Velasco sobre Os días felices de Benvido Seixas
Vigo: presentación de Red Lion, de María Alonso
Ponteareas: presentación de Os anxos indecisos, de Manrique Fernández
Marín: presentación de Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad
Compostela: obradoiro “Astronautas dun planeta imaxinario” con Ledicia Costas
Desde
a Cidade da Cultura:
“Este obradoiro está pensado para que a rapazada constrúa un planeta imaxinario dun xeito lúdico: describirán o espazo, nomearán lugares e habitantes, debuxarán o mapa e crearán unha historia.
Sempre coa idea do xogo como punto de partida e coa palabra como ferramenta fundamental, case sen decatarse, estarán aprendendo a construír espazos e a deseñar e caracterizar personaxes.
A actividade centrarase en crear desde cero ese planeta imaxinario, empregando diferentes técnicas que estimulen a súa creatividade mediante o traballo en equipo.”
Terá lugar o sábado 5 de outubro, ás 17:00 horas, na Sala I, Biblioteca e Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura. A inscrición é de balde, previa inscrición aquí, cunha duración de 90 minutos, dirixido a un público de entre 8 e 12 anos. O número total de prazas é de 30.”
A escritora Ledicia Costas estará na primeira sesión do club Sete Vidas da tempada para falar da súa novela Infamia
Desde
Espazo Lectura:
“O 3 de outubro volve o club de lectura de narrativa Sete Vidas tras o descanso estival. Reunirémonos ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) para falar da novela Infamia, de Ledicia Costas (Editorial Xerais).
Infamia é un thriller psicolóxico protagonizado por Emma Cruz, unha profesora de Dereito Penal que se traslada a Merlo, un lugar marcado pola desparición de dúas nenas hai 25 anos. Contaremos coa presenza da autora.”







