Arquivo da categoría: Narrativa
Vigo: presentación de Limiar de conciencia, de Cris Pavón
Betanzos: presentación de Luns, de Eli Ríos
Compostela: presentación de Somos de Arxerís, de Xosé Carlos Carracedo Porto e Fuco Reyes
Lugo: presentación de A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo
Gondomar: María Reimóndez e Xavier Estévez en Espazo Lectura
María Reimóndez
participa na próxima sesión do Comando Le
O sábado 25 de novembro, de 20:00h a 00:00h, a Casa da Lectura de Gondomar acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor da novela Corredora, de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais, e incluiranse diferentes actividades que nos permitirán reflexionar xuntos sobre a realidade que presenta esta novela que lles propuxemos como lectura aos comandoleiros e comandoleiras. Como é habitual, haberá unha pausa para a cea polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir.
Xavier Estévez estará no club de lectura infantil Lendo Contigo
Tamén o sábado, pero ás 12 da mañá, a Casa da Lectura acollerá a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión, os nenos e nenas que queiran participar, falarán e compartirán experiencias arredor do libro Avións de papel, de Xavier Estévez, unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa. O propio autor estará na sesión para conversar coas familias participantes.
A Coruña: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda
O
xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo), na Coruña, preséntase Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, publicada por Trifolium. A autora estará acompañada por Emma Pedreira.






