Entrevista a Marcos Calveiro en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): A novela [Fontán] percorre toda a vida de Domingo Fontán?
– Marcos Calveiro (MC): É unha visión panorámica da súa vida, desde o nacemento ata a morte. En parte está ficcionalizada, pois non hai datos da súa infancia e adolescencia. Unha das cousas que máis me interesaba é como nace a vocación de ser científico nun neno dunha aldeíña de Portas (Pontevedra). Relaciónoo con dous penedos de granito moi grandes con forma de globo terráqueo que están preto de onde naceu. El quere medir esas pedras xigantescas que había ao lado da súa casa e acaba medindo Galicia e trasladándoa a un mapa. (…)
– LO: O mapa aparece mencionado nas obras de Castelao, Cunqueiro e Otero Pedrayo.
– MC: Si, o mapa de Fontán funciona como elemento simbólico de toda a xeración Nós. Aínda que Fontán está esquecido na cultura galega, o seu mapa era un elemento simbólico moi importante, como o himno ou a bandeira. E el está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres.
– LO: Cre que está esquecido?
– MC: Non deixa de ser un científico. Hoxe preguntas na rúa por Rosalía de Castro ou Castelao e todo o mundo te di algo; preguntas por Fontán? Parece que a cultura dun país a constrúen unicamente os escritores, os poetas, pero a achega de Fontán co mapa é fundamental.
– LO: Parécelle inxusto?
– MC: Evidentemente si. A partir da ciencia tamén se constrúen os países e as culturas. Ten unha linguaxe máis inintelixible que a pintura, a música ou a arte, pero debería ter un papel social máis relevante e recoñecido. A maioría dos científicos novos do noso país, por desgraza, teñen que buscarse a vida fóra..
– LO: Cal foi o seu labor político?
– MC: Formou parte das primeiras Deputacións de Galicia, participou na división territorial en provincias e partidos xudiciais e foi reprimido en moitísimas ocasións por ser liberal, un home de progreso en contra do antigo réxime. Botárono da cátedra e quedaba sen dar clases nin cobrar, ata que o liberalismo volvía ao poder ou se abría a man. Outros compañeiros sufriron perigo físico e tiveron que exiliarse. (…)”
Arquivo da categoría: Narrativa
Taboleiro do libro galego XL (xaneiro de 2016), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Retoma o Caderno da crítica as entregas do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás catorce librarías colaboradoras: Libros para Soñar, Andel, Casa do Libro, Librouro e Cartabón de Vigo; Paz de Pontevedra; Miranda de Bueu, Biblos de Betanzos, Trama de Lugo, Suévia e Sisargas da Coruña, Lila de Lilith e Couceiro de Compostela e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).
NARRATIVA
1º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
2º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
3º-. Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, Galaxia.
4º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
5º-. Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, Xerais.
6º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
7º-. Manuel Portas, Lourenço, xograr, Galaxia.
8º-. Susana Sánchez Arins, Seique, Através.
9º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.
10º-. Domingo Villar, A praia dos afogados, Galaxia.
11º-. Teresa Moure, Ostrácia, Através.
12º-. Pablo Rubén Eyré, A verdade nos espellos, Sotelo Blanco.
POESÍA
1º-. Manuel María, Terra chá, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
3º-. Manuel María, Os soños na gaiola, Xerais.
4º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
5º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
6º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
7º-. Ramón Neto, Zonas de tránsito, Sotelo Blanco.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Montse Fajardo, Un cesto de mazás, autoedición.
2º-. VV.AA., Poesía hexágono, Apiario.
3º-. J. A. Gurriarán, As mulleres do monte, Galaxia.
4º-. Grupo Fiadeiras, Machismos: de micro nada, Embora.
5º-. VV.AA., José Suárez, Xunta de Galicia.
XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Pere Tobaruela, Formig4s. Misión Barcelona, Xerais.
3º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
4º-. Manuel Rivas, Madonna e outros contos de inverno, Xerais.
5º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
6º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
2º-. Estíbaliz Espinosa, Caer de cu polo universo, Apiario.
3º-. Érica Esmorís, Nena e o mar, Xerais.
4º-. María Solar, Teño uns pés perfectos, Kalandraka.
5º-. Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, O valente coello que quixo soñar, Nova Galicia Edicións.
6º-. Marisa Núñez, Cocorico, OQO.
LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.C
2º-. Troula Animación, Uxía Lambona e a Banda Molona.
3º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
4º-. Carmen Gil/Mamá Cabra, A bruxa Discordia, Galaxia.
5º-. As Maimiñas, Unha viaxe polo mundo, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.
3º-. Castelao, Cousas da vida. Nenos, Galaxia.
4º-. María e Miguel Gallardo, María e mais eu, El Patito Editorial.”
Marcos Calveiro: “Sempre estiven obsesionado coa figura de Domingo Fontán”
Entrevista a Marcos Calveiro en Radio Obradoiro:
“Marcos Calveiro presentou onte na Libraría Couceiro de Compostela, unha novela arredor de Domingo Fontán, coa que gañou o Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. Nunha entrevista este xoves en Radio Obradoiro, o escritor vilagarcián explicou que “sempre” estivo “obsesionado coa figura de Domingo Fontán” e que a obra é a vida novelada deste ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia e cuxos restos, “aínda que ninguén o lembre”, descansan en Santiago, no Panteón de Galegos Ilustres. Segundo Calveiro, un dos elementos máis curiosos da obra, titulada Fontán e editada por Galaxia, é a parte na que botou man da imaxinación para a recreación da personalidade e a infancia do protagonista. Calveiro narra, entre outras cousas, a vida do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, a do liberal represaliado e a do científico con ansias de progreso.” A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Andrea Maceiras: “A literatura xuvenil está en auxe hoxe máis que nunca”
Alberto Fortes: “A miña tradición literaria comeza co mar”
Antonio Tizón: “Escribir sérveme como terapia”
Marcos Calveiro: “A novela reivindica a figura de Fontán e o papel da ciencia”
Entrevista a Marcos Calveiro en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): O traballo de documentación [Fontán] foi esencial…
– Marcos Calveiro (MC): Hai unha gran parte de documentación histórica, sobre o tempo que viviu el, porque percorre un século extraordinario en Galicia, como é o XIX, a loita contra os franceses, a represión liberal, a loita do absolutismo contra a modernización do país… Pero tamén hai moito de ficción na novela, porque toda a parte da súa infancia e da súa adolescencia saíu da miña cabeza… (…)
– LVG: ¿É un xeito de reivindicar a figura de Domingo Fontán?
– MC: Si, porque está esquecido. Todo o mundo se lembra que no Panteón de Galegos Ilustres están Rosalía e Castelao, pero alí tamén está Fontán. É o único científico que está o lado de literatos. Si que moita parte da cultura galega, durante moito tempo, tivo o mapa de Fontán como un elemento totémico, pero hoxe é un personaxe esquecido. A novela é para reivindicar a súa figura histórica e o papel da ciencia non só del, senón outros compañeiros científicos del e mestres del no século XIX.
– LVG: Escribe tamén novela infantil e xuvenil, ¿cambia moito?
– MC: O rexistro infantil si que é diferente, pero o xuvenil, non fago ningunha distinción. A primeira idea da novela era un retrato da infancia de Fontán e da súa adolescencia. O que me chamaba a atención era onde nace a vocación científica dun rapaz dunha pequena parroquia de Portas. Logo tanto me marabillou a personaxe e a súa idade adulta que tiven que meter todo. Cando me poño a escribir unha novela tampouco teño moita idea se vai ser para o público infantil, xuvenil ou adolescente. Decídoo o remate da mesma dependendo da extensión e a complexidade. Esta novela pódea ler un adolescente sen problema. É unha pequena aventura científica e un anaco da historia do noso país. (…)”
Pontevedra: Vermú entre libros co escritor Diego Ameixeiras
Rianxo: presentación de Lourenço, Xograr, de Manuel Portas
Audio da conversa arredor de Fontán co seu autor, Marcos Calveiro
Desde A Kalimera:
“A Comissom de História do C. S. A Gentalha do Pichel, onde está o estúdio da Kalimera, estreia o seu programa de conversas ‘Café 1932′. Neste primeiro capítulo Helena Carro e André Seoane conversam con Marcos Calveiro, autor da novela Fontán (Ed. Galaxia, 2015). (…)”