Teresa Moure: “O Amor escreve-se em maiúsculas e o amor é entrega”

EntrevistaTeresa Moure de Xosé Mexuto a Teresa Moure en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza: Por que o teu interesse pela figura de Lenine e os seus avatares sentimentais?
– Teresa Moure: Não me interesso pela figura de Lenine e, aliás, parece-me perigoso que se possa fazer essa leitura. Eu interesso-me pela figura de Inessa Armand que é uma bolchevique que passa à história infelizmente apenas como a amante de Lenine. Foi muito maltratada pela historiografia oficial, também pela marxista. Mas como acontece tantas vezes, quando narras a vida duma mulher importante na história, aparece aí um homem e todas as olhadas se concitam para vê-lo a ele.
Eu sabia que havia essa dificuldade, mais acho que Inessa vale tanto a pena que mesmo vou correr o risco de que se calhar os leitores não se sintam convocados por Ostrácia porque invoca o leninismo, a Lenine e por tanto o leninismo. E vou-no correr porque ela merece uma restituição histórica. E, bom, há uma série de circunstâncias pessoais que me levaram a me interessar por Inessa Armand que já estão relatadas no próprio romance. (…)”

Compostela: presentación de Interferencias, de Manuel Seixas

OManuel Seixas Interferencias venres 2 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase Interferencias, de Manuel Seixas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, María Pérez Vázquez e Manuel Bragado.

Xoaquín Fernández Leiceaga: “Quixen fuxir do típico na literatura galega, que está feita dende a oposición franquista; interesábame a historia dos vencedores”

EntrevistaXoaquín Fernández Leiceaga Agosto de memoria e morte de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga en Praza:
“(…) – Praza (P): Agosto de memoria e morte é a súa estrea literaria. Como viviu enfrontarse a unha primeira novela?
– Xoaquín Fernández Leiceaga (XFL): É unha dedicación moi diferente. A creación ten as súas regras, pero tes a posibilidade de crear o teu mundo. Eu escribo, mais até agora escribín en base á realidade, tentando entendela mellor. Dende o punto de vista persoal, significa un esforzo. Escribir leva un tempo importante de documentación, de ordenación, reflexión e escritura. É un traballo, sen dúbida, moito máis solitario que dedicarse á cousa pública.
– P: Falamos dunha novela negra, na que temos un protagonista principal, Miguel Santos, que investiga un par de asasinatos na vila de Noia durante os anos do Tardofranquismo. Pero por outra banda, hai outro fío narrativo que se centra no período da República e a Guerra Civil.
– XFL: Pensei xustamente a novela así, como unha especie de simbiose entre dous períodos que me interesan moito. A vida dos personaxes transcorre entre a República e a Guerra Civil e o final do franquismo. Iso culmina unha vida enteira. Falamos dunha serie de personaxes que ao redor de 1930 teñen quince anos e que no ano 72, xa van chegando á idade da xubilación.
Para a miña xeración, o momento fundacional en termos sociais é a Transición. Este libro non conta a transición, queda ás portas, intentando explicar como eran os comportamentos sociais no franquismo nunha vila galega nesa época. Pero para a xeración de meus pais e tamén para os meus avós, a República e a Guerra Civil significaron o momento forte da súa vida. Polo tanto, interesábame situar aí a historia.
Despois, efectivamente é unha novela de xénero. Gústame a novela negra, sobre todo a menos autorreferencial, esa que contén outras cousas non explicitamente, pero que si emprega a realidade como pano de fondo. Non sei, ocórreseme falar neste sentido de Vázquez Montalbán ou Paco Ignacio Taibo. Despois, xa no título hai unha referencia á novela Agosto de Rubem Fonseca, na que se indaga no suicidio de Getúlio Vargas, que vai nesa liña de mesturar o xénero negro con referencias históricas. E logo, claro está, Agosto do 36 de Fernández Ferreiro. (…)”

Vilaboa, Culleredo: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón

OAntonio Tizón AELG xoves 1 de outubro, ás 18:00 horas, no Pazo Vila Melania (Avenida de Vilaboa, 42), en Vilaboa, Culleredo, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicado en Xerais. No acto, organizado por APEM A Coruña e Xerais, intervirán Juan Carlos Díaz del Valle e o propio autor.

Ourense: presentación de Por que as sombras non teñen ollos, de Luís Manuel García Mañá

OLuís Manuel García Mañá Por que as sombras xoves, 1 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), de Ourense, terá lugar a presentación do libro Por que as sombras non teñen ollos, de Luís Manuel García Mañá, publicado por Xerais. No acto participarán, xunto ao autor, Ramón Blanco Fortes, José Antonio Alonso Miranda (xeneral do Exército na reserva) e Manuel Bragado.