Pontevedra: presentación de A dúbida, de María Reimóndez

A María Reimóndezquinta feira 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29), en Pontevedra, preséntase A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. A autora estará acompañado no acto por Leticia Gómez e Isabel Pece (psiquiatra e psicóloga colaboradoras de AMINO.gal) e por Manuel Bragado.

Crónica videográfica das V Xornadas de Literatura e Ensino. Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016) (II)

Obanner-vxornliteraturaensinoaelg2016 15 de outubro tiveron lugar as V Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o título de Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016), organizadas pola AS-PG e a AELG, co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), en Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

–  Presentación da mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, por Mercedes Queixas:

– Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Xosé Monteagudo:

– Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Ledicia Costas:

– Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Xosé Duncan:

– Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”. Coloquio, con Xosé Monteagudo, Ledicia Costas e Xosé Duncan:

Isaac Xubín: “É infantil e ridículo non comparar a situación galega coa vasca porque as linguas non sexan semellantes”

Entrevistaisaac-xubin-2 de Montse Dopico a Isaac Xubín en Praza:
“(…) – Praza (P): A novela [Non hai outro camiño] parece situarnos, ás veces, no pasado. Outras, no presente. Outras, no futuro. Parece unha ao distopía ao estilo orwelián nalgúns detalles… Fala de poder: de micro e de macropoder, de corrupción, de manipulación… Fai pensar nunha ditadura socialista, ou nas falsas democracias occidentais actuais…
– Isaac Xubín (IX): Unha das razóns polas que me decatei de que os relatos tiñan algo en común foi que os personaxes teñen que tomar unha decisión nunha sociedade opresora. Ao mesmo tempo, nunca me gustaron as novelas da guerra civil, no sentido de que penso que é inevitable lelas coa bagaxe previa que cadaquén leva. Por iso decidín probar a enganar o lector, a través do estrañamento: contarlle unha historia sobre a guerra civil, pero sen que o saiba, porque a acción sitúase noutro lugar. Por iso o tema da ambientación no mundo eslavo. Como ademais fago descricións moi parcas, non é fácil situarse nun tempo.
– P: Os personaxes non son, precisamente, exemplos. Non teñen por que selo, que é novela contemporánea. Atópanse varados, teñen que facer algo… e non sempre escollen o “ben”. Un deles é traficante, outro censor orgulloso…
– IX: Sempre me gustou a xente con contradicións, tamén na vida. Considero que se unha persoa non ten contradicións é porque non se implica realmente, dito así de xeito simple. Adoita caerme ben a xente que as ten, que o sabe, e ademais, como dis, é normal na novela contemporánea, que non é de bos e malos. E, si, poño os personaxes nunha situación de compromiso na que teñen que definirse. (…)
– P: Tes un recital, co cantautor Ruper Ordorika, de versos de Joseba Sarrionandia, da antoloxía Tempo de exilio, que ti mesmo traduciches ao galego. Tamén traduciras, por exemplo, Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe. Como xorde o recital?
– IX: Foi a partir do premio de Tradución. A dotación inclúe premio para o editor, para o tradutor e unha cantidade para seguir a o libro. Por iso organizamos o recital, co gallo do premio, aproveitando eses recursos. Ruper Ordorika xa participara nunha experiencia anterior, con outro libro editado por Kalandraka, Sete poetas vascos, no que eu non estaba, pois vivía daquela en Cork. (…)
– P: Fuches membro das Redes Escarlata e publicaches un poemario, Con gume de folla húmida, que gañou o premio Eusebio Lorenzo Baleirón. En realidade, a novela é o teu segundo libro, entón.
– IX: Recibir un premio non cambia moito, pero é un indicador de que vas polo bo camiño. Ou que polo menos que houbo unha xente, no xurado, que considerou que merecías un premio. O que escribo agora non ten moito que ver co que ao principio, pero iso é normal. Nese libro xuntáronse cousas que levaba acumuladas, como a miña experiencia no País Vasco e en Irlanda.”

Lugo: presentación conxunta de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra

O14910417_1807121992834361_9066606334559894585_n sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar unha presentación-vermú de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, publicados en Positivas. No acto participa, xunto aos autores, Marica Campo.

Noia: entrega do XV Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos

OAntón Avilés de Taramancos sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Noia terá lugar o acto de entrega do XV Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. O traballo premiado este ano foi Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro de Alex Bayorti.
Este premio está dotado con 3.000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa e da publicación da obra gañadora. O Certame está organizado polo Concello de Noia en colaboración coa revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia.

Lalín: presentación de As horas roubadas, de María Solar

OMaría Solar venres 4 de novembro, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller Ulloa, en Lalín (Rúa Ramón Aller, 9), terá lugar a presentación da novela As horas roubadas, de María Solar, publicada por Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Lalín, participa, xunto á autora, Gracia Santorum.

Noia: presentación de Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias

Odavid-perez-iglesias-todo-o-tempo-do-mundo venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.