Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación de Flash-Black 13, de Ramón Caride
O sábado 7 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), preséntase Flash-Black 13, de Ramón Caride, publicado por Urco Editora.
A Coruña: presentación de As Crónicas de Bran. III. O Solpor dos Deuses, de Xosé Duncan
Cambados: presentación de Flash-Black 13, de Ramón Caride
Sada: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O venres 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Capela de San Roque en Sada, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, nun acto organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, que contará coa presenza do propio autor.
Pontevedra: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O venres 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), terá lugar a presentación do libro Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Galería, a editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.
Ferrol: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A Coruña: presentación de Salseiros, de Suso Lista
Ars dedicandi: Ramón Otero Pedrayo
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“O 5 de marzo de 1888 nacía en Ourense, no segundo andar do edificio que hoxe leva o número 25 da rúa da Paz, Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca por antonomasia e unha das figuras claves da Historia da Literatura Galega do pasado século. (…)
Recupero aquí unha súa dedicatoria a Antonio Couceiro Freijomil, autor amigo, da súa mesma quinta, compañeiro de angueiras no SEG e, aínda que eumés, vencellado á súa Auria natal, pois no tempo no que foi escrita atopábase naquela cidade exercendo como Inspector de Ensino, cargo moi cobizado e respectado, o que explica a deferencia coa que o señor de Trasalba o trata, sendo como era el mesmo daquela catedrático do instituto da súa cidade.
De por parte, a dedicatoria figura nunha obra fundamental dentro da bibliografía oteriana, nada menos que o volume primeiro da triloxía Os camiños da vida, que apareceu en 1928 na mítica Editorial Nós de Ánxel Casal, entón aínda radicada na cidade da Coruña. Con Os señores da Terra Otero principiaba a saga dos Doncos e os Puga, que había de explicar, xa por sempre, o convulso e cambiante tempo que trouxo consigo o ascenso da burguesía e a caída da vella fidalguía galega.”
María Solar fala sobre o seu libro O meu pesadelo favorito
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag Diario recibe a visita da xornalista, escritora e presentadora da TVG María Solar, gañadora do Premio Lazarillo 2014 polo seu último libro infantil, O meu pesadelo favorito, que ten como protagonista un neno con febre a quen os antitérmicos que lle subministran os seus pais lle provocan o efecto secundario de producir uns soños do máis fantasioso e cheos de personaxes pintorescos. A entrevista completa pode verse aquí.”