O
venres 2 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), de Lugo, preséntase Xeixos, de Suso Lista, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao propio autor, o editor Miguel Toval.
Arquivo da categoría: Narrativa
Compostela: presentación de Interferencias, de Manuel Seixas
Xoaquín Fernández Leiceaga: “Quixen fuxir do típico na literatura galega, que está feita dende a oposición franquista; interesábame a historia dos vencedores”
Entrevista
de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga en Praza:
“(…) – Praza (P): Agosto de memoria e morte é a súa estrea literaria. Como viviu enfrontarse a unha primeira novela?
– Xoaquín Fernández Leiceaga (XFL): É unha dedicación moi diferente. A creación ten as súas regras, pero tes a posibilidade de crear o teu mundo. Eu escribo, mais até agora escribín en base á realidade, tentando entendela mellor. Dende o punto de vista persoal, significa un esforzo. Escribir leva un tempo importante de documentación, de ordenación, reflexión e escritura. É un traballo, sen dúbida, moito máis solitario que dedicarse á cousa pública.
– P: Falamos dunha novela negra, na que temos un protagonista principal, Miguel Santos, que investiga un par de asasinatos na vila de Noia durante os anos do Tardofranquismo. Pero por outra banda, hai outro fío narrativo que se centra no período da República e a Guerra Civil.
– XFL: Pensei xustamente a novela así, como unha especie de simbiose entre dous períodos que me interesan moito. A vida dos personaxes transcorre entre a República e a Guerra Civil e o final do franquismo. Iso culmina unha vida enteira. Falamos dunha serie de personaxes que ao redor de 1930 teñen quince anos e que no ano 72, xa van chegando á idade da xubilación.
Para a miña xeración, o momento fundacional en termos sociais é a Transición. Este libro non conta a transición, queda ás portas, intentando explicar como eran os comportamentos sociais no franquismo nunha vila galega nesa época. Pero para a xeración de meus pais e tamén para os meus avós, a República e a Guerra Civil significaron o momento forte da súa vida. Polo tanto, interesábame situar aí a historia.
Despois, efectivamente é unha novela de xénero. Gústame a novela negra, sobre todo a menos autorreferencial, esa que contén outras cousas non explicitamente, pero que si emprega a realidade como pano de fondo. Non sei, ocórreseme falar neste sentido de Vázquez Montalbán ou Paco Ignacio Taibo. Despois, xa no título hai unha referencia á novela Agosto de Rubem Fonseca, na que se indaga no suicidio de Getúlio Vargas, que vai nesa liña de mesturar o xénero negro con referencias históricas. E logo, claro está, Agosto do 36 de Fernández Ferreiro. (…)”
O escritor Xabier Paz presenta no Zig-zag a súa novela A galera de Xelmírez
Santiago de Compostela: presentación de Aqueles anos do Moncho, de Xosé Neira Vilas
Vilaboa, Culleredo: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
O
xoves 1 de outubro, ás 18:00 horas, no Pazo Vila Melania (Avenida de Vilaboa, 42), en Vilaboa, Culleredo, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicado en Xerais. No acto, organizado por APEM A Coruña e Xerais, intervirán Juan Carlos Díaz del Valle e o propio autor.
Ourense: presentación de Por que as sombras non teñen ollos, de Luís Manuel García Mañá
O
xoves, 1 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), de Ourense, terá lugar a presentación do libro Por que as sombras non teñen ollos, de Luís Manuel García Mañá, publicado por Xerais. No acto participarán, xunto ao autor, Ramón Blanco Fortes, José Antonio Alonso Miranda (xeneral do Exército na reserva) e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A
cuarta feira, 30 de setembro, ás 20:00 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, preséntase Ostrácia, de Teresa Moure, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto á autora, Chus Nogueira.
Iván García Campos, Cuestións vitais secretas, no Zig-zag
Derradeiro bis en catro-corenta, de Tomás González Ahola
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Os ultimos cincuenta anos do mundo da verbena na novela Derradeiro bis en catro-corenta, de Tomás González Ahola, publicada por Urco Editora. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”

