Arquivo da categoría: Narrativa
Lugo: Suso Lista será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL
O xoves 13 de novembro a partir das 20:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa), Suso Lista será o escritor protagonista da Cata Literaria, que presentará o seu libro Salseiros, publicado por Embora. Máis información, tamén sobre como adquirir as entradas, aquí.
Marín: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Marín, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, organizado pola Asociación Queremos Galego de Marín, será tamén unha homenaxe a Tomé de Raxó e na memoria de José Dopazo Posse e Benito Lobeira, navegantes de Marín na auga do Gran Sol.
Entrevista de Ana Romaní a Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos
Pontevedra: presentación de Reo, de Xesús Fraga
Compostela: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
“Dragal: un llibre de misteri i aventures”, reportaxe sobre o libro de Elena Gallego na TV3
Emitiuse, no programa Super3 da Televisió de Catalunya, unha reportaxe arredor do encontro de Elena Gallego co alumnado do Institut Pau Claris de Barcelona sobre a versión en catalán da saga Dragal.
Pódese ver completa nesta ligazón.