Lisboa: presentación de Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño

O sábado 14 de maio, ás 18:00 horas, na libraría Ler devagar de Lisboa, preséntase o libro Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño, publicado en Galaxia. No acto intervirán Emilio Xosé Cambeiro López, Urbano Tavares Rodrigues, e a propia autora.
O luns 16 de maio, ás 19:00 horas, na Faculdade de Ciências Sociais e Humanas de Lisboa, coa participación tamén de Emilio Xosé Cambeiro, manterá un encontro-coloquio cos alumnos da Universidade Nova de Lisboa.

A Coruña: Festa do Libro, actividades do venres 13 de maio

Comeza unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da cidade, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o venres 13: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Venres 13:
11:30 h.- Inauguración da Festa do Libro.
– 18:00 h.- Presentación do DVD Lois Pereiro realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís e coordinado por Xulia Rodríguez Abella. No Kiosco Alfonso.
18:00 h.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento, e Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, publicado en Galaxia. No posto das Bibliotecas Municipais.
19:00 h.- Presentación do libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Participan Víctor F. Freixanes, Fran P. Lorenzo, Elena Pernas e a propia autora. No Kiosco Alfonso.
20:00 h.- Presentación do libro de Antón Patiño Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior. Conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. Intervirá, co autor, Miguel Anxo Fernán Vello. No Kiosco Alfonso.

Lalín: actividades do xoves 12 de maio na Feira do Libro

Ábrese a Feira do Libro de Lalín (na Praza da Igrexa) con horarios de 10:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h. Das actividades do xoves 12 destacamos as seguintes:
11:30 h. Participación na feira do libro da escritora Tere Fernández, autora dos libros A funámbula e Viaxe a Terranova, publicados por Edicións A Nosa Terra.
19:00 h. O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
20:00 h. Pregón a cargo da escritora Yolanda Castaño. Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares dos seus libros.

Santiago: presentación de Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez

O luns 9 de maio, ás h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez, publicado en Sotelo Blanco, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010.

Cambados: presentación de Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo

O venres 6 de maio, ás 20:00 h., nas Adegas Martin Códax (Burgáns, 91, Vilariño) en Cambados, preséntase a novela Svea Kött (Carne Sueca), de Domingo Tabuyo, publicada en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Luís Méndez Ferrín e Manuel Bragado.

A Coruña: maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas

O venres Xosé Neira Vilas6 de maio, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar un Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.