Escritores de varias xeracións explican como leron Memorias dun neno labrego: (Luces-El País, e artigo de Daniel Salgado)
Arquivo da categoría: Narrativa
Dolores Vilavedra: “A narrativa arrepónse á crise e repunta contra a fin de ano”
(El País)
A Coruña: sinatura de exemplares de Todo é silencio, de Manuel Rivas
Manuel Rivas
asinará exemplares da súa nova obra Todo é silencio, publicada en Xerais, o venres 17, a partir das 19:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25), na Coruña, o mércores 22 ás 19:00 h. en El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal), e o xoves 30 deste mes de decembro, ás 19:00 h., na Librería Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da mesma cidade.
Santiago: presentación de Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes
O
xoves 16 de decembro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII), de Santiago de Compostela, Víctor F. Freixanes presenta a súa novela Cabalo de ouros, publicada en Galaxia. Acompañan ao autor Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Dolores Vilavedra, crítica literaria.
Novas traducións da Biblioteca Compostela
Santiago: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
martes 14 de decembro, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o primeiro libro de Alonso Díaz, Xulia, Futuro imperfecto, publicado en Galaxia.
Vigo: presentación de Quéroche contar un conto
O
sábado 11 de decembro, a partir das 12:00 h., no MARCO (Rúa do Príncipe, 54) de Vigo, preséntase o libro de relatos Quéroche contar un conto, escrito por Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, An Alfaya, Xosé Cermeño e Irene Pérez Pintos e ilustrado por alumnos e usuarios de Aspanaex, publicado en Xerais. ASPANAEX prega confirmación de asistencia nos teléfonos 986.20.83.95 e 986.21.36.29.
Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas, será traducido ao chinés
A
editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares de Que me queres, Amor?, o libro de de relatos co que Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 1996. O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas. Vía Xerais. Tamén recollido en Galaxia, Galicia Hoxe e Xornal.
El País: Narrativa en tránsito
Reportaxe de Daniel Salgado en El País.