Arquivo da categoría: Narrativa
A Estrada: presentación de Cabo do mundo, de Juan Andrés Fernández Castro
Compostela: presentación de Libro das contrarias, de Agustín Agra
Vigo: presentación de Vantaxes e inconvenientes de case todo, de Xosé Cermeño
Vídeo da presentación en Vigo de Tamarindo, de Xavier Queipo
Coruxo (Vigo): presentación de O teito é de pedra, de Álex Alonso
Carballo: rutas guiadas por Xan Fraga e Xabier Maceiras, os 6 e 7 de xuño
Pontevedra: presentación de Ata que a morte nos separe, de Elena Gallego Abad
Becerreá: Abraham Pérez estará presente na sesión do Clube de lectura de adultos do IES Becerreá arredor de O paso en falso
Samuel L. París: “O humor é unha mostra de vulnerabilidade, para nos defender”
Entrevista de María Solar a Samuel L. París no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Hoxe traemos un libro onde saen elfos, mosquitos, o discurso de aceptación dun Premio Nobel, infidelidades, distopías, Britney Spears, un aspirador Dyson ou unha faneca. É Pifostio. Un delicioso e singular libro de relatos que escribiu Samuel L. París na súa primeira incursión fóra da poesía.
Tennos acostumados a compartir a súa experimentación. Un poeta loitando contra a rutina das máis diversas maneiras. Esta vez o creador deixou a poesía e entrou nunha experimentación narrativa.
Pifostio son 61 relatos, algúns para quedar a vivir, outros para reflexionar, hainos para escachar da risa, hainos poéticos, hainos desconcertantes.”
A entrevista pode verse aquí.