Tallo, Ponteceso: Polafía no Día Mundial da Poesía

CartelPolafiaTalloMarzo2015Coa participación de:
– Carmen Eiroa (Pardiñas-Tallo), que falará dos regueifeiros/as que coñeceu (por exemplo, a afamada Leonarda de Tallo).
– Obdulia (Xornes), quen falará de seu pai, o afamado Calviño de Tallo.
– Teresa (A Campara-Cores), contaranos do afamado Cadete de Figueroa-Cores.
– Carmen (Mandián-Xornes), ilustraranos sobre o seu parente, o afamado Mandián de Xornes.
– Matilde Vilariño (Dombate-Borneiro), recitará un poema sobre os regueifeiros, composto especialmente para esta Polafía.

O profesorado e alumnado do Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro tamén colabora e participa nesta Polafía, xunto ás regueifeiras e regueifeiros Lola, de Pardiñas (Tallo), Dolores do Coxo (Borneiro), José de Severo (Borneiro), Manuel Fariña (Cesullas) e Suso de Xornes.

A parte musical correrá a cargo de Eloy Mato, neto de Matilde Vilariño, de Dombate.

Galicia Encantada cumpre 10 anos

DesdeGalicia encantada Galicia Encantada:
“Este xoves, 5 de marzo, sumamos 10 anos enredando cos encantos de Galicia. Unha década de traballos que serviron para coñecervos a moitos de vós, polo que aproveito esta ocasión para agradecervos tanto agarimo e colaboración.
Sabedes que para celebrar este aniversario editamos o libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías que andamos presentando polo país.
Aquí tes algo de información sobre o libro.”

Entrevista a Antonio Reigosa no Diario Cultural

Desde Antonio Reigosao Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Antonio Reigosa arredor do proxecto Galicia Encantada, que celebra o seu décimo aniversario coa publicación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, en Xerais.”

Novidades de Galicia Encantada

“Para  Galicia encantada celebrar o décimo aniversario da web Galicia Encantada, Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, na rede desde marzo 2005, fixemos (de momento) dúas cousas:
– Renovamos a estética e a organización dos contidos da web.
Nova imaxe con debuxos de Noemí López. Novas seccións con posibilidade de interactuar como “Aulas do Imaxinario” ou o “Mapa de Galicia Encantada”, e melloramos a presentación das categorías de sempre, coa axuda de Desarrollos Lugonet.
– Publicamos un libro: Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, unha edición con ilustracións de Noemí López e que publica Edicións Xerais de Galicia na colección LibroX.
Son 101 relatos en coautoría con 52 autores e autoras, entre os que destacan nomes como os do portugués Alexandre Parafita, o do brasileiro Romyr Conde, ou Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Xabier López Rodríguez, Xabier P. DoCampo, Calros Solla, Rafa Quintía, Isidro Novo ou Adela Figueroa.”

A Coruña: monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, no programa de radio Recendo

OA. C. Alexandre Bóveda martes 20 de xaneiro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, haberá un monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, con entrevistas telefónicas a representantes das seguintes entidades: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Xotramu e Brinquedia. A música será do disco Cantos vellos para rapaces novos, editado en 2001 pola A. C. Donaire. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.

Publicado o novo número da revista Escrita Contemporánea, coas actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral

Publicouse1410344862726banner-VIIXLOral2014 un novo número da revista da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua GalegaEscrita Contemporánea, coas actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral e título Amuletos e reliquias. Usos e crenzas, que xa pode ser consultada en liña aquí.