O
martes 5 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar unha Homenaxe a Rosalía de Castro e a emigración galega, organizada polo Colectivo Celso Emilio Ferreiro na 239 West, 14º Street, de Nova York, en conmemoración do 150º aniversario dos Cantares galegos. Falarán: Arturo Conde, Claudio Rodríguez Fer e Francisco Álvarez Koki.
Arquivo da categoría: Palestras
A Coruña: primeira xornada de Máscara fóra!. Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade
O
martes 5 de novembro, ás 18:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, inaugúranse as Xornadas Máscara fóra! Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade, no bicentenario da publicación de Rogos dun gallego, que se desenvolverán durante os días 5, 12 e 21 de novembro.
No acto intervirán Xesús Alonso Montero, Anxo Lorenzo e Ángel García Seoane. A continuación a xornada desenvolverase, segundo o programa previsto, a partir das 19:00 horas, coas intervencións de:
– Xosé Ramón Barreiro: Manuel Pardo de Andrade e a Galicia do seu tempo.
– María Rosa Saurín de la Iglesia: Semblanza de Manuel Pardo de Andrade.
– Gonzalo Navaza: Nota sobre o exilio en Francia de Manuel Pardo de Andrade.
Presenta e modera a sesión Xesús Alonso Montero.
A Coruña: Capitalismo lingüístico: por que se está a perder a língua da Galiza (e que se pode fazer), por Celso Álvarez Cáccamo
A
terza feira 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Paideia (Praza de María Pita) da Coruña, Celso Álvarez Cáccamo falará, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da A. C. O Facho, sobre Capitalismo lingüístico: por que se está a perder a língua da Galiza (e que se pode fazer).
Lisboa: participación de Ramón Villares e Rosario Álvarez Blanco no Congreso A Língua Portuguesa no Sistema Mundial
Desde
Cultura Galega:
“O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e a vicepresidenta Rosario Álvarez Blanco, foron convidados polo Instituto Camões a participar no II Congresso A Lingua Portuguesa no Sistema Mundial, que se celebrou en Lisboa esta semana. Villares e Álvarez Blanco participan esta tarde na mesa Políticas de Língua na Galiza, coordinada por Ivo Castro, explicando a situación do galego, o seu artellamento institucional e na educación e as relacións coa comunidade lusófona.”
Vigo: palestra Literatura brasileira emergente, por Olavo Amaral
Noia: Rosalía nos 150 anos de Cantares, conferencia de Helena Villar
Compostela: conferencias no ciclo Escrita(s) 2013, o venres 18 de outubro
O
ciclo Escrita(s) 2013, coordinado por Claudio Pato, finaliza este ciclo de 2013 en Almáciga(s), na Travesa dos Basquiños, 14, de Santiago de Compostela. Dentro do programa (que pode ser descargado aquí: Escritas-2013), destacamos estes actos para o venres 18 de outubro:
– 18:00 h. Frankenstein: a construción da clase traballadora, por Álvaro Otero. O devir mercadoría de creacións estéticas revela unha forma de dominación realizada baixo o paradigma da industria cultural, cuxa finalidade é a apropiación mercantil completa do individuo: a domesticación do seu desexo e a produción en masa de desexos imposibles de satisfacer, a reorientación da súa atención, a redefinición do seu corpo, a percepción de si mesmo e da realidade, a remodelación da súa linguaxe, a reestruturación da súa sensibilidade e da súa valoración.
– 20:30 h. Xtreaming, por A. Argibai e M. Otxoteko. Sesión audiovisual que inclúe 3 curtametraxes experimentais de A. Argibai e M. Otxoteko nas que se interpretan os marcos de guerra como marcos de creación audiovisual cooperativa.
Compostela: conferencias no ciclo Escrita(s) 2013, o venres 11 de outubro
O
ciclo Escrita(s) 2013, coordinado por Claudio Pato, terá lugar en Almáciga(s), na Travesa dos Basquiños, 14, de Santiago de Compostela. Dentro do programa (que pode ser descargado aquí: Escritas-2013), destacamos estes actos para o venres 11 de outubro:
– 18:00 h. A sentimental odyssey, por Ilaria Mallozzi. Unha odisea sentimental conecta co moi debatido termo literario “sentimental” e o arquetipo de todas a viaxes, o segundo poema épico de Homero, a Odisea. De igual xeito que o protagonista de Unha viaxe sentimental Yorick, Ulises pode protexerse de todos os perigos grazas aos seus benevolentes encontros femininos, enganos e brincadeiras. Esta perspectiva permitiríame o cruzamento entre os aspectos ulisenianos de Yorick coa tradución de Ugo Foscolo, Viaggio sentimentale (1813), así como explorar os intereses de Foscolo na tradición literaria italiana (neste caso principalmente representada por Dante e Petrarca) desde o encadre sentimental de Petrarca ofrecido por Sterne.
– 20:30 h. A forza de traballo: as maneiras da exclusión, por Lucía Castro. Atopámonos aquí nun marco. Deses de madeira que van sendo laboriosamente tallados. O traveseiro empeza marcando unha ruta, na que as figuriñas que se suceden resultan ter cada vez máis relevo. Afondan nos sucos da madeira grazas a unha precisión e habelencia no manexo do cicel que se foi adquirindo co tempo, a forza de traballar o material. Mais esa profundidade do marco vai facendo paseniñamente máis infranqueábel o espazo entre o que deixa fóra e o que fica dentro. Este marco comezou a tallarse cando a Platón e a Aristóteles se lles deu por enmarcar nel -e así facer comprensíbel- esa phýsis da que tanto se falaba daquela entre os sabios. O traballo nunca máis deixou de ser un marco de comprensión no mundo occidental, até o mesmo capitalismo da actualidade. No traballo enmarcamos e enmárcanse as nosas vidas, que dificilmente escapan hoxe a ser concibidas como cuantificábeis forzas de traballo. Pero canto máis fondo é o relevo, máis inhabitábel é o marco, máis pobre o que fai comprensíbel e máis alleo o excluído. Até non poder senón desmarcármonos…
Crónica da mesa redonda Furia estratéxica para un tempo salvaxe?, no VIII Ciclo Escritores/as na Universidade
Desde
o Diario da Universidade de Vigo:
“Berta Dávila e Gonzalo Hermo son apenas dous mozos pero os seus nomes agroman con forza no novo panorama literario galego e fano, nada máis e nada menos, ca no eido da poesía, convencidos de que “a responsabilidade do poeta é histórica co seu tempo”. Baixo o título Furia estratéxica para un tempo salvaxe? participaron este xoves na segunda xornada do VIII Ciclo de Escritora/es na Universidade na Facultade de Filoloxía e Tradución.
A incidencia da situación económica e política no modo en que se concibe o discurso poético non pasou desapercibida para ningún destes autores e tampouco ningún dos dous quixeron pasar por alto a relación entre precariedade e poesía. Conscientes de que apostar pola poesía é “abrir unha frecha cara a incerteza”, subliñou Dávila, os dous o fixeron, e fixérono ademais en lingua galega “pois un non pode expresar a verdade se non é na súa propia lingua”.
Gañador do primeiro premio de poesía do Certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia no 2010 por Crac, Gonzalo Hermo, que se referiu a si mesmo como un lector atento máis ca un poeta, fixo fincapé na súa intervención ao feito de que os “produtores non esquecemos nin queremos esquecer a cultura subalterna a que pertencemos”.
A visión de Hermo completouna a novelista e poeta Berta Dávila, gañadora dos certames Minerva de poesía (2005), Avelina Valladares (2007), Biblos de novela (2008), Johán Carballeira (2012) e Narrativa Breve de Repsol (2013), que afondou no papel do poeta, e sobre todo no do poeta en lingua galega, como un creador “valente e revolucionario”.
Unha xeración “perdida para que? perdida para quen?”
E como a cousa ía de poetas e de mozos, quen mellor para presentalos ca outro mozo poeta. Ben coñecido na Facultade de Filoloxía e Tradución, Xabier Xil Xardón, licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e gañador de numerosos certames poéticos, entre outros o da propia Universidade, foi o encargado de introducir os relatorios. Na súa intervención falou de literatura, pero tamén de precariadade… “Como non facelo se son membro do que chaman a xeración perdida”, sinalou, “perdida para que? perdida para quen? Para incorporarse ao sistema económico, para incorporarse ao mercado de traballo…” salientou Xil Xardón, que remarcou como “inevitable” que a creación das novas xeracións estea marcada pola imposibilidade e as frustracións creadas por unhas expectativas de vida que se viron truncadas. “Non somos unha xeración perdida, sabemos quen somos e sabemos onde estamos. Queremos ser outra cousa e ademais queremos selo de xeito colectivo”, recalcou o poeta.”


