Arquivo da categoría: Palestras
Cork, Irlanda: conferencia de Helena González e recital de Lorena Souto
O
venres 6 de decembro, a partir das 16:00 horas, no campus principal da University College de Cork (Irlanda), o Centro Irlandés de Estudos Galegos organiza unha xornada dedicada á poesía galega contemporánea escrita por mulleres. En primeiro lugar, Helena González Fernández (Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona) ofrecerá un seminario de investigación titulado O territorio convulso da nación. A comunidade, o xénero e as poetas galegas. Seguidamente, Lorena Souto (Bangor University) levará a cabo unha lectura poética baixo o título de Fendas tronzando os muros da casa, que nos achegará poemas do seu libro Fase de Trema (A Coruña: Espiral Maior, 2012, Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé).
Vigo: palestra De Castelao a Seoane, de Carlos L. Bernárdez
A
quinta feira 28 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102, baixo) de Vigo, Carlos L. Bernárdez impartirá a palestra De Castelao a Seoane.
Euskadi: actividades do Centro de Estudos Galegos de Deusto
O mércores 27 de novembro, ás 19:00 horas, na Sala Gárate (Edificio Central, Campus de Bilbo) da Universidade de Deusto, a Cátedra de Estudos Galegos desta Universidade organiza o seguinte evento arredor do Samaín.

E o xoves 28 de novembro, a partir das 17:30 horas, será o turno da Facultade de Letras de Gasteiz.

Compostela: VII xornada Xustiza e lingua, reflexións para a normalización
Compostela: Farei um cantar: letras e sons na lírica medieval galego-portuguesa
Ferrol: conferencia sobre Persoeiros de Galicia e recital poético
O
sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, e con entrada de balde, terá lugar unha conferencia sobre Rosalía de Castro a cargo de Jesús Matesanz, seguida dun recital de poesía galega, por Xaime Marí (actor), con este programa:
– A Galicia, de Francisco Añón.
– O maio, A Rosalía e Cantiga, de Manuel Curros Enríquez.
– Dos celtas antigos, de Eduardo Pondal.
– Sobre o sol, de Ramón del Valle Inclán.
– Camiño longo e A rosa que sangra, de Ramón Cabanillas.
– O hórreo, Longa noite de pedra e A Castelao, de Celso Emilio Ferreiro.
– Negra sombra, Castellanos de Castilla e Adiós ríos, adiós fontes, de Rosalía de Castro.
– Himno galego, de Eduardo Pondal.
Perillo, Oleiros: terceira xornada de Máscara fóra!. Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade
O
xoves 21 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural A Fábrica (Perillo-Oleiros), finalizan as Xornadas Máscara fóra! Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade, no bicentenario da publicación de Rogos dun gallego, coas intervencións de:
– Henrique Monteagudo: A obra en galego de Manuel Pardo de Andrade.
– Rosario Álvarez Blanco: O idioma galego na obra de Manuel Pardo de Andrade.
– Xesús Alonso Montero: Da excelencia literaria dun romance de cego.
Presenta e modera a sesión Rosario Álvarez Blanco.
Ourense: Rosalía de Castro, nas Xornadas sobre viño e cultura galega
Noia: mesa redonda Francisco Fernández del Riego. Camiño (ben) andado
O
venres 15 de novembro, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar unha mesa redonda cos seguintes participantes:
– Mª Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol. Presentación e coordinación.
– Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol. Relatorio: Francisco Fernández del Riego e a Penzol e outras institucións.
– Víctor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia. Relatorio: Francisco Fernández del Riego, Galaxia e a revista Grial.
– Xurxo Martínez, escritor e investigador. Relatorio: Don Paco e a mocidade.
Ao longo do acto proxectarase o vídeo Francisco Fernández del Riego. No río do tempo (1913-2010) de Félix Vidal.



