O
luns 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Pazo de Torrado (Rúa Príncipe, 10) de Cambados, terá lugar a XV Conferencia Anual Plácido Castro, coa intervención de Carlos L. Bernárdez, que falara sobre Plácido Castro e a arte galega do seu tempo.
Arquivo da categoría: Palestras
Compostela: xornada 30 anos de novela negra galega, o 6 de febreiro
Máis información e inscrición aquí.
A Coruña: conferencia sobre agrupacións culturais e cea de irmandade no 50 aniversario da A. C. O Facho
O
venres 24 de xaneiro, ás 19:30 horas, no salón de actos da ONCE (Cantón Grande) da Coruña, terá lugar unha conferencia sobre agrupacións culturais impartida por Ricardo Gurriarán. O acto está organizado pola A. C. O Facho, entidade que organizará posteriormente unha cea de irmandade co gallo do 50 Aniversario da súa existencia no Hotel Riazor da mesma cidade, a partir das 21:00 horas. O prezo da cea é de 20 euros por persoa, e deberá reservarse praza chamando aos seguintes números de teléfono: Helena, 647816566, ou Henrique: 619536540, ou ben enviando un correo electrónico a santamarinac@hotmail.com
A Coruña: seminario sobre Cultura galega e edición na Galiza franquista, o mércores 22
Historia de Memorias dun neno labrego de D. Xosé Neira Vilas
Madrid: conferencia-coloquio de Montserrat Pena Presas: Soñar para nenas e mozos en galego
Lugo: conferencia-coloquio sobre O rexurdir do nacionalismo galego
Ribadeo: conferencia de Antonio Reigosa
O
sábado 21 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa das Letras de Ribadeo (Rúa Rodríguez Murias, 8), Antonio Reigosa impartirá a conferencia Simboloxía e significado dos relatos míticos e lendarios asociados ao patrimonio cultural da Mariña lucense. Esa mesma tarde, ás 16h30 realizarase unha visita guiada ao petroglifo podomorfo das Pisadas do Encanto nas Anzas – Ribadeo. Os actos están organizados por Mariña Patrimonio.
Pontevedra: presentación pública do proxecto A memoria das mulleres
O
xoves 19 de decembro, ás 19:30 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, preséntase o proxecto A memoria das mulleres. No acto, de carácter público, darase o coñecer o consello asesor deste programa de investigación e divulgación da historia e da memoria das mulleres de Pontevedra, composto por María Xesús López Escudeiro, Teresa Casal, Salomé Álvarez Blanco, Carme Vidal, Aurora Marco, Pilar Allegue, Cristina González, Charo Portela Yáñez, Patricia Arias, Carmen Suárez, Montse Fajardo e Xosé Álvarez Castro.
Tamén terá lugar unha intervención de Aurora Marco, baixo o nome de Semblanza de mulleres pontevedresas, e, para finalizar, as actuacións do grupo de pandereteiras Adonairare e da cantante pontevedresa Ángeles Ruibal.
Compostela: III Xornadas de Literatura e Ensino, Versos pintados no pupitre, os 13 e 14 de decembro
Horario:
Venres 13 de decembro, de 16:30 a 20:00 horas; sábado 14 de decembro, de 10:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás), Santiago de Compostela.
Destinatarios-as: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Matrícula: Gratuíta, por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG e da AELG, a través da web da AS-PG: entre os días 11/11/2013 e 10/12/2013.
Número de prazas: 100.
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
Prazas reservadas: 25%
Número máximo de prazas: 25%.
Obxectivos previstos:
– Valorar a literatura galega, a través da súa historia, como unha ferramenta clave para a adquisición da necesaria competencia lingüística adaptada a cada nivel/etapa educativa.
– Adecuar a diversidade metodolóxica literaria aos novos tempos educativos.
– Achegarse aos contidos didácticos e interactivos que as TIC ofrecen para o profesorado.
– Coñecer o Espazo Didáctico que a AELG ofrece aos profesionais do ensino, en particular, e á sociedade, en xeral.
– Reflexionar sobre a necesaria revisión e actualización da transmisión didáctica da poesía no ensino obrigatorio e posobrigatorio.
– Reflexionar sobre os criterios de selección e o estabelecemento de canons literarios orientativos para o ensino da poesía.
– Coñecer e analizar as estratexias de sedución que faciliten a descuberta e o achegamento á lectura poética por parte do público infanto-xuvenil.
– Partillar e debater directamente sobre orientacións e estratexias de achegamento da linguaxe poética para a infancia e mocidade xunto con escritores e escritoras da literatura galega e mais coas figuras mediadoras.
– Coñecer o potencial creativo e expresivo da expresión lírica subxacente na literatura galega de tradición oral.
– Concienciarse da necesidade de estimular creativamente, na expresión escrita, o alumnado.
VENRES 13 DE DECEMBRO
– 16:30 h. Entrega de material.
– 17:00 h. Conferencia: Poesía para xente miúda. Música e xogo de palabras, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
– 18:00 h. Mesa redonda: O Club d@s poetas viv@s, con Fran Alonso, Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro.
SÁBADO 14 DE DECEMBRO
– 10:00 h. Mesa redonda: Enredando versos nas aulas, con Montse Penas, Anxos Rial, Romina Bal.
– 12:00 h. Obradoiros de expresión escrita (simultáneos):
* Quen teme a poesía feroz?, con Antía Otero.
* Fascinio poético no proceso de creación, con Dores Tembrás.
* Versos transformers, con Carlos Negro.
– 16:00 h. Conferencia: E-memoria. Contidos e aproveitamento do arquivo de tradición oral da AELG, con Antonio Reigosa.
– 17:30 h. Mesa redonda: Voces de Rosalía, con:
* Uxía: Rosalía pequeniña.
* Najla Shami: Na lingua que eu falo.
* Aid: Rapoemas.
– 19:15 h. Actuación de Uxía, Najla Shami e Aid.
– 20:00 h. Clausura.
Metodoloxía que se vai empregar:
– Conferencia inaugural que centre o estado da cuestión con carácter informativo e analítico.
– Mesas redondas que faciliten a intercomunicación con ópticas diversas segundo os diferentes relatores que participan nelas.
– Interacción e participación co público nos coloquios finais das mesas redondas.
Entrada libre até completar aforo.





