Arquivo da categoría: Palestras
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade
O
Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A lectura como ferramenta de equidade é unha actividade onde a AELG colabora ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ledicia Costas, Yolanda Castaño, Carlos Negro, María Lado e Esther Carrodeguas ofrecerán os martes de outubro cadansúa intervención, sempre a partir das 18.00 e na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, reflexionando sobre a lectura como ferramenta para a equidade nesta cuarta edición do ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
A entrada libre, con inscrición gratuíta en imocino@gmail.com se se quere acceder ao recoñecemento de 15 horas para créditos de libre elección.
2 outubro | Ledicia Costas | Luces e monstros, da realidade á fantasía
9 de outubro | María Lado | Como pode a literatura cambiar (un pouco) a túa vida
16 de outubro | Yolanda Castaño | Chaves en letra miúda
23 de outubro | Carlos Negro | Versos para especies diversas (menú de aula)
30 de outubro | Esther F. Carrodeguas | Cambiar coas palabras
Vídeo da conversa O cerne galego da Coruña
Ferrol: conferencia O monte galego na encruzilhada, con Alberte Blanco Casal e Fins Eirexas
A Coruña: conferencia sobre Flor de Santiago, con Ruth Varela
O
3 de xullo, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1), na Coruña, Ruth Varela pronunciará a conferencia Flor de Santiago, baseada no seu libro homónimo.
Vigo: conferencia A poesía galega da Transición, de Alberte Valverde
Vídeo da conferencia Saco Arce: 150 anos da publicación da primeira gramática para o galego, de Xosé Manuel Sánchez Rei
“A Coruña: feminina e plural”, por Francisco X. Fernández Naval
A Coruña: Seminario de Memoria Histórica, os 27 e 28 de xuño
Santiago: XI Xornada dos Clubs de Lectura
Desde
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
“O vindeiro 1 de xuño reuniranse en Compostela (Palacio de Congresos), os coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura participantes da convocatoria anual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento deste tipo de actividades nos centros de ensino secundario de Galicia.
A que será a XI Xornada dos Clubs de Lectura volve ao seu formato máis habitual, con asistencia só do profesorado, ao ser unha actividade incluída no Plan Anual de Formación do Profesorado, vinculada ao Plan LÍA, de bibliotecas escolares, e coa limitación de poder acoller unicamente a este colectivo. No ano 2012 e no 2017 acudiran tamén unha representación do alumnado; agardamos poder volver a convocar tamén ao alumnado nunha próxima edición. (…)
O programa desta xornada inclúe a entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2018 que se vén entregando ao autor ou autora galega, máis lido polos clubs de lectura no curso precedente. Unha vez contabilizadas as lecturas realizadas no pasado curso, este galardón recibirao este ano o poeta Carlos Negro, quen tamén impartirá unha charla e un obradoiro ao longo da xornada. Contaremos tamén con especialistas como Freddy Gonçalves, libreiro, escritor e experto en literatura infantil e xuvenil ou Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria. Mesas temáticas, talleres e comunicación de experiencias completan un programa ao que lle poñerá remate sonoro e narrativo o músico e escritor Xurxo Souto.
O programa pode consultarse aquí.”






