Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: conferencia “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”, por Olivia Rodríguez González
O 30 de novembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022) exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta, falará sobre “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”.
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
As persoas interesadas deben enviar os seus datos a través deste formulario.
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Branca Trigo, Neves Soutelo e Samuel Merino
Compostela: presentación de De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro
Compostela: presentación de Os teus dedos na miña braga con regra, de Lupe Gómez
Desde a AELG animamos á lectura do poema de Ramón Cabanillas dedicado á loita de Sobredo, no seu 100 aniversario
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a petición do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, IEAMSo, propoñémosvos que este 28 de novembro, data en que se cumpren 100 anos dos Sucesos de Sobredo (Tui), exemplo das loitas agraristas que mobilizaron o primeiro cuarto do século XX e que tanta influencia tiveron na literatura nosa, leades este poema de Ramón Cabanillas dedicado á súa loita.







