







O 27 de febreiro, ás 19:00 horas, na Aula Universitaria de Viveiro (Avenida de Cervantes), Pura Tejelo presenta Vestidos de organdí, publicado por Belagua Edicións. No acto, a autora falará e lerá varios poemas do seu libro, acompañada por Sabela Barcón Soto.
Estas son algunhas das fotografías do acto en Vigo do Día de Rosalía de Castro 2026, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 17:30 horas, na Imprenta de Juan Compañel e Centro Social A Revolta, coorganizado entre a AELG e a Asociación Cultural O Castro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.