Desde o Concello de Negreira:
“O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolleu este 11 de Nadal, o fallo do xurado e maila entrega do XIII Certame de Poesía Xosé M. López «Ardeiro», que recae una obra A pintora, cuxa autora é Lupe Gómez Arto, natural de Curtis, sendo un poemario homenaxe á pintora María Antonia Dans, porque dixo «síntome representada coas pinturas que ela facía de nenas e nais labradoras; eu véxome nas súas pinturas por iso quixen con este libro representar á pintora, a ela, coas miñas palabras».
Convocado polo Concello de Negreira, coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura, o premio está dotado cunha contía de 2.500 euros e a entrega de 300 exemplares da edición do poemario gañador.
A outra poeta finalista foi Silvia Tasende Cotelo, de Carballo. Obtén un premio en metálico de 500 euros pola obra Pel memoria. Silvia Tasende agradeceu ao Concello de Negreira polo seu decidido apoio á poesía e a cultura, e sinalou que «o mundo precisa máis metáforas e menos violencia», ademais de dar os parabéns a Lupe Gómez polo premio.
O acto contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, ademais dos membros do xurado formado por José Antonio Ponte Far, en calidade de presidente, xunto co poeta Xulio López Valcárcel; a escritora e académica da RAG, María López Sández, xunto con María López Rey e Diana Varela. O acto estivo presentado por Carme Pereiro e contou coa actuación musical do dúo Minguante.”
Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: presentación de Cuspindo miserias, de Neves Rodríguez
Entrevista extensa arredor da súa obra con Fidel Vidal Pérez
Xa está dispoñíbel na Videoteca da web da AELG a entrevista extensa arredor da súa obra con Fidel Vidal Pérez. Pode verse tamén aquí:
A Coruña: recital de Mario Regueira e Pol Guasch no Ciclo Poetas Di(n)versos
Salceda de Caselas: presentación de Cuspindo miserias, de Neves Rodríguez, o 26 de decembro
Ourense: Recital Habitar o lugar, coordinado por Arancha Nogueira, o 21 de decembro
Mur Marxinal (Rúa Manuel Murguía, 11, 32005 Ourense)
Recital coordinado por Arancha Nogueira, onde se lerán textos escritos no Obradoiro de creación literaria Habitar o lugar, facernos ser, organizado pola AELG en Ourense entre setembro e outubro deste 2024, por parte das persoas participantes na actividade.
A Coruña: De amor e morte. Recital multidisciplinar do Grupo Ouriol
Entrevista extensa arredor da súa obra con Lois Diéguez
Xa está dispoñíbel na Videoteca da web da AELG a entrevista extensa arredor da súa obra con Lois Diéguez. Pode verse tamén aquí: