A Coruña: acto de lembranza de Alexandre Bóveda, no Día da Galiza Mártir

OA. C. Alexandre Bóveda venres 14 de agosto, ás 20:00 horas, no Paseo Alexandre Bóveda (zona de Catro Camiños), na Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza un acto en lembranza do Día da Galiza Mártir. O programa é o seguinte:

20:00 h. Actuación do- gaiteiro Pepe Vaamonde.
20:15 h. Intervención do Concelleiro de Cultura da cidade da Coruña, Sr. D. José Manuel Sande (ou persoa en quen delegar).
20:30 h. Interpretación do “Alalá do Silencio” a cargo de Ricardo Seixo, autor da letra do poema.
20:35 h. Intervención do Presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Xosé Manuel Sánchez Rei.
20:50 h. Ofrenda floral a Alexandre Bóveda simbolizada no momunento deseñado e elaborado polo artista Pérez Porto.
20:55 h. Encerramento do acto coa interpretación do Himno Nacional Galego a cargo do gaiteiro Pepe Vaamonde.

Cee: actividades literarias destacadas na Feira do Libro do xoves 13

OAgosto cultural Cee xoves 13 de agosto continúa a Feira do Libro de Cee (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

12:30 h. Presentación de Crónicas de Fisterra (Contos dun tavernícola), de Roberto Traba, publicado en Técnicas e Gramaxe, No acto estará acompañado por Modesto Fraga.
13:15 h. Presentación de oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Suso Bahamonde.
20:00 h. Presentación de Xeixos, libro de relatos de Suso Lista, publicado por Edicións Embora. O acto será presentado por Miguel Toval.
20:30 h. Presentación de O destino de Simón Naveira, de Manuel Jacobo González Outes, publicado por Atlantis. Participa, xunto ao autor, Ana Julia Martínez Fariña.

Entrevista a Xosé Daniel Costas Currás

EntrevistaDaniel Costas Currás a Xosé Daniel Costas Currás na revista dixital Palavra Comum:
“(…) – Palavra Comum (P): Que é para ti a poesia?
– Xosé Daniel Costas Currás (XDCC): Para min a poesía é o xeito literario de expresar a miña creatividade. Non penso no poema como nun texto pechado, senón que escribo historias que rematan sendo poemas. Polo tanto pretenden contar vidas, amosar o meu redor coa forza e a vida coa que me gusta vivir.
– P: Como entendes o processo de criação artística e literária?
– XDCC: Non teño procesos fixos, gústame experimentar con todas as posibilidades. Errar facendo un poema, que non saia do xeito que tiñas pensado, é a mellor forma de aprender escribindo. Cando es capaz de escoitar o que escribes e tes motivación para cambialo, tes ganas de seguir acomodando esas palabras noutras formas, de refacer poemas e seguir traballando neles, estás xerando a primeira e mellor motivación da escrita. Eu escribo cando teño algo que contar, así que xeralmente comezo a traballar en ideas que xorden das lecturas, do cine, do teatro, da pintura, da música. Escribir é a forma de relacionarme co mundo que me rodea. (…)
– P: Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação literária hoje -e para a cultura galega, em particular-?
– XDCC: Penso que a literatura debe transcender os espazos literarios, as tertulias. Os recitais deberan cambiar de límites e facelos espectáculo, sempre tendo en conta que o espectáculo debe ter carga literaria, afastarse da idea de espectáculo sen contido. Pódese xogar coa poesía e coa literatura, pero é o poema e o texto o que ao final ten que predominar e sobresaír no camiño que escollemos para comunicar.
Nestes últimos anos levo participado con asiduidade nas Hostias en verso, combates poéticos entre poetas, onde preferiblemente ocupamos bares, baretos, institutos e toda clase de espazos onde nos deixen recitar. O mellor é compartir sen dúbida poesía con Lucía Aldao, María Lado, Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón….(…)”

Cee: actividades literarias destacadas na Feira do Libro do martes 11

OAgosto cultural Cee martes 11 de agosto comeza a Feira do Libro de Cee (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

20:30 h. Presentación do libro Entrar na casa, de Eduardo Estévez (poemas) e Ignacio Castro, “Nachok” (fotografías), publicado por Estaleiro, nun acto presentado por Serxio Iglesias.
20:30 h. Modesto Fraga asina exemplares do seu libro Atlántica luz. Poesía mareira 1995-2015, na caseta da Libraría Á lus do candil.
21:15 h. Pregón da Feira a cargo de María Canosa, acompañada por Yolanda García Leal e Ramón Vigo Sambade.

LugoPatrimonio homenaxea a Irene, irmá e albacea de Fiz Vergara Vilariño

Desde2015081014021935450 Sermos Galiza:
“Cando a Fiz Vergara Vilariño lle faltou a voz, foi a súa irmá Irene quen lla cedeu. Albacea da memoria do poeta, Irene Vergara Vilariño finou o pasado mes de abril e catro meses despois, a asociación LugoPatrimonio rendeulle homenaxe en Santalla de Lóuzara cun acto ao que tamén asistiu a súa familia. Unha ofrenda floral e lecturas sobre Irene ademais de poemas relacionados de Fiz Vergara compuxeron a parte literaria e máis emotiva do acto no que interviñeron a súa filla María Celeiro Vergara e o presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez.
“Batalladora incansábel polo noso idioma, cultura e nación, sen descanso e desde a grandiosa humildade que sempre a caracterizou. O seu sorriso e sosego ficarán connosco para sempre”, sinalan desde LugoPatrimonio.”