Arquivo da categoría: Poesía
Día das Letras Galegas 2025 en Italia, con María Lado
Para celebrar o Día das Letras Galegas, os Centros de Estudos Galegos das Universidades de Perugia e de Roma contaron coa presenza da poeta María Lado que, alén de ofrecer un recital, falou da súa obra, da situación literaria en Galicia e da tradición oral das cantareiras.
Os encontros tiveron lugar o martes 27 de maio ás 18:00 na sede da Asociación Cultural Roghers en Perugia e o mércores 28, tamén ás 18:00, na Sala Dalí do Instituto Cervantes en Roma.
Toda a información, xunto cos cartaces, está no seguinte enderezo web.
Canido, Ferrol: presentación do libro Eu cantar, cantar, cantarei…, o 30 de maio
A Coruña: Xosé Iglesias presenta Nao cetácea
O Porriño: actividades do 29 de maio na Feira do Libro 2025
Vídeo da sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2025
A Coruña: presentación de Os pozos elegantes das clavículas, de María Álvarez Landesa
Manuel Ferreiro: “Sempre me atraeu mirar os textos que hai 700 anos os nosos devanceiros escribiron”
“Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura”, por María López Sández
Na páxina web da AELG pode consultarse o traballo divulgativo Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura, elaborado por María López Sández, con versións en galego e inglés, que contou coa colaboración de CEDRO. Pode descargarse e lerse libremente nesta ligazón.









