O martes 14 de febreiro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Míticos, onde participarán Estíbaliz Espinosa, Manuel Cortés e Manuel Outeiriño.
Arquivo da categoría: Poesía
Ourense: recital poético de Celsa Barja
O martes 14 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro Cívico A Ponte (Rúa Eulogio Gómez Franqueira) de Ourense, Celsa Barja dará un recital poético especialmente dedicado á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR). No acto, en que estará acompañada pola música de Israel Elíaz, realizarase, xunto ao público asistente, un Poema humano.
O Temple, Cambre: Vermú literario sobre Os quilómetros que percorremos dende aquela, con Alberte Momán
O sábado 11 de febreiro, ás 13:30 horas, na Librería A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2) do Temple (Cambre, A Coruña), terá lugar un Vermú literario sobre a obra Os quilómetros que percorremos dende aquela, de Alberte Momán, publicado en Toxosoutos.
Vigo: presentación de Transición, de Fran Alonso, e recital poético con María Lado e o autor
O venres 10 de febreiro, ás
20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o novo poemario de Fran Alonso Transición, publicado en Franouren. No acto, presentado polo editor Manuel Ángel García, terá lugar un recital poético de María Lado e o propio Fran Alonso.
Pontevedra: presentación de Acuática alma, de Marta Dacosta
Moaña: presentación de Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas
O xoves 9 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural Daniel Castelao de Quintela (Moaña), preséntase o libro Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas, publicado por Barbantesa. O acto, coorganizado coa Libraría O Pontillón e a editora, e no que estará presente o propio autor, será presentado pola poeta Ledicia Costas.
A Coruña: conferencia Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa, por Carme Ríos Panisse
O martes 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, Carme Ríos Panisse falará, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da Agrupaçom Cultural O Facho sobre Johán Manuel Pintos, a súa obra poética dispersa.
A Coruña: Estíbaliz Espinosa e Yasuhiro Yotsumoto no ciclo Poetas Di(n)versos
O luns 6
de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala Polivalente do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n., continuación da Rúa Mosteiro de Caaveiro) da Coruña, terá lugar unha nova edición de Poetas Di(n)versos, ciclo dirixido por Yolanda Castaño, no que participarán Estíbaliz Espinosa e o poeta xaponés Yasuhiro Yotsumoto (Osaka, 1959), quen ofrecerá distintas mostras de recitado clásico nipón seguidas de traducións ao galego.
Vigo: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na A. C. Bou Eva (Rúa Tercio de Fóra, 11) de Vigo, preséntase Desobediencia, de Rosa Enríquez, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, acompañando á autora, participa Anxo Angueira, autor do limiar.
As Pontes: concerto comentado de Haberá primavera, por César Morán
O venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa Dopeso (Rosalía de Castro, 28), As Pontes, terá lugar un concerto comentado do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, publicado en Galaxia, baseado en poemas de Álvaro Cunqueiro. No acto o autor estará acompañado por Afonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).