O
venres 2 de decembro, ás 20:00 horas, no Multiusos da Universidade (Edificio de Ferro) do Campus das Lagoas (entrada pola Rúa Doutor Temes Fernández) de Ourense, terá lugar a presentación dos libros (repeat to fade), de Rebeca Baceiredo e Como estás?, de Claudio Pato, publicados en Estaleiro Editora. No acto estarán acompañados por Miguel Mosqueira.
Arquivo da categoría: Poesía
Caldebarcos, Carnota: II Simposium Monte Pindo, o sábado 3 de decembro
O sábado 3 de decembro
, no Centro Social de Caldebarcos, terá lugar o II Simposium Monte Pindo, baixo o título O Olimpo Celta, a debate, organizado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural. O programa é o seguinte:
– 10:00 h. Inauguración, por César Cambeiro, presidente da Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos.
– 10:30 h. Ponencia A custodia do territorio, por Margarita Miguens Busto, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
– 12:00 h. Presentación do libro Máxico Tear Natural, polo escritor Xosé Manuel Lobato, publicado en Alvarellos, que ao remate asinará exemplares.
– 13:00 h. Ponencia Anfibios e réptiles de Galicia e do Monte Pindo por Moisés Asensi Cabirta, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e autor da Guía dos anfibios e réptiles de Galicia.
– 14:00 h. Xantar.
– 17:00 h. Proxección en estrea do documental Sendeiros ocultos: Ruta á Moa, por Andrés López Romero, director.
– 17:30 h. Recital poético por Xoán Lestón.
– 18:00 h. Ponencia por Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Univ. de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
– 19:00 h. Debate aberto.
– 20:00 h. Saúda por Ramón Noceda Caamaño, alcalde de Carnota.
– 20:30 h. Clausura por Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Para máis información e participar no xantar, cómpre anotarse ata o 2 de decembro no teléfono 667 39 31 73.
A Coruña: presentación de A bordo dun barco sen luces, de Luz Pozo
O
xoves 1 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Nova Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande 21-24, baixo), preséntase o libro A bordo dun barco sen luces. O mundo poético de Luís Pimentel, de Luz Pozo Garza, publicado en Alvarellos. No acto intervirán, xunto á autora, Román Raña, Olivia Rodríguez-Tudela, María Xesús Piñeiro e Henrique Alvarellos.
Vigo: faladoiro con Estíbaliz Espinosa, no ciclo Poematiza
O
xoves 1 de decembro, a partir das 16:00 horas, na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Aula A4-A), dentro do ciclo Poematiza. Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, terá lugar un faladoiro con Estíbaliz Espinosa a partir de varios textos seus. O acto está organizado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía.
Ribadeo: presentación de Átonos, de Rosalía Fernández Rial
O
venres 25 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo, preséntase o poemario Átonos, de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada con música de fondo do piano de Serxio Moreira, mentres recita os seus propios versos.
Santiago: recital-presentación dos Libros de Caldeirón
O
venres 25 de novembro
, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, continúa a xeira de presentacións e recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eduardo Estévez (rúa da cancela), Emma Pedreira (Xoguetes póstumos) e Antonio García Teijeiro (Arredor do teu corpo).
Madrid: presentación de Golpear de sombras, edición bilingüe do poemario de Francisco X. Fernández Naval
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro de Arte Moderno (C/ Galileo, 52) de Madrid, preséntase o libro Golpear de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, en edición bilingüe galego-castelán, publicado en Huerga y Fierro. No acto participan, xunto ao autor, Vicente Araguas, Antonino Nieto e Antonio J. Huerga, coa actuación musical de Juan Muro.
Santiago: presentación de Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación
O
xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Granell (Praza do Toural, s/n) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, publicado pola editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira. Xunto a eles, intervirán Mariña Pérez Rei, Iria González e Carlos Arias.
Vigo: presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
O
xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o poemario Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, publicado en Follas Novas Edicións. No acto, en que intervirán, xunto ao autor, Ramón Nicolás Rodríguez e Anxo Pastor, ilustrador do libro, terá lugar un pequeno recital de poemas do libro.
A Coruña: presentación de Na intimidade do azougue, de Pablo Bouza
O
mércores 23 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), presentación do poemario Na intimidade do azougue, de Pablo Bouza, publicado por Espiral Maior. No acto estará acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luís G. Soto e Xulio López Valcárcel.
