O 19 de novembro ás 20:00 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do poemario Da carraxe e da paixón, Xosé Manuel Cairo Antelo. Intervirán Xulio Valcárcel, Fidel Vidal, Miguel Anxo Fernán Vello e o autor.
Arquivo da categoría: Poesía
Ramirás e Celanova: actos de recoñecemento de Lois Antón Pérez
O 22 de novembro ofrecerase todo un programa de actos a desenvolver entre Ramirás e Celanova en recoñecemento da figura de Lois Antón Pérez (poeta e dramaturgo popular) e da militancia de base do nacionalismo galego. Organizan: Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás, BNG de Ramirás e BNG de Celanova. Ver programa.
A Coruña: Presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas
O xoves 13 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar a presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. Tamén será inaugurada unha exposición coas ilustracións de Xosé Cobas. (Biblioteca Pública Nodal Miguel González Garcés)
“esca e pedra”, último proxecto na rede de Eduardo Estévez
A última creación de Eduardo Estévez na rede leva por título esca e pedra, e está albergada no espazo virtual culturagalega.org. Consiste na elaboración dun poema cada semana a partir dun tema xurdido aleatoriamente: «Cada semana accedo á galipedia, premo en “páxina aleatoria” e a partir do artigo que saia, escribo un poema. Así trinta veces. Trinta semanas. Trinta poemas.» (esca e pedra)
A Coruña: Yolanda Castaño conferenciará na Universidade
Encadrada no III Ciclo de conferencias Escritores/as na Universidade, mañá mércores día 5 de novembro ás 12:30 terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (Campus da Zapateira)a intervención da escritora Yolanda Castaño.
Compostela: presentación de Migracións, de Rafa Villar
O día 6 de novembro, ás 20:00 na libraría Couceiro de Santiago (Praza Cervantes), terá lugar a presentación do poemario Migracións (Edicións Espiral Maior), de Rafa Villar. O acto contará coa presenza, para alén do autor, de Luís Cochón, Francisco X. Fernández Naval e Miguel Anxo Fernán Vello.
Vilaboa-Culleredo: presentación do poemario Tempo en desuso, de Olga Patiño Nogueira
O mércores 5 de novembro, ás 20:00 na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar a presentación do poemario Tempo en desuso, de Olga Patiño Nogueira. Paticiparán no acto Miguel Anxo Fernán Vello, Celestino Poza e Carlos Pereira Martínez.
Vigo: presentación de Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís
O próximo mércores 29 (adiántase pois un día con respecto á data anunciada), ás 20 horas na Libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación da obra Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís. No acto no que participarán Olivia Rodríguez, XL Méndez Ferrín e Henrique Alvarellos. A actriz María Inés Cuadrado fará un recital dalgúns dos seus textos.
Igor Lugris publica na Rede a súa “poesia para Ver/poesia para Ler”
O poeta Igor Lugris vén de crear unha galeria en flickr.com coas súas imaxes da exposición “poesia_para_Ver/poesia_para_Ler”.

Toda a galería pode verse aquí.
A Coruña: homenaxe á poeta Sylvia Plath
A Fundación Caixa Galicia e Bartleby Editores, coincidindo coa publicación da súa Poesía completa, teñen o pracer de convidar á homenaxe á poeta Sylvia Plath que terá lugar o xoves 30 de outubro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación, e na que interverán diversas persoas do ámbito cultural galego: Xosé Abeal, Xoán Abeleira, Lino Braxe, Marica Campo, Teresa Campo, Berta Dávila, Alexandrina Fernández, Pilar García Negro, Xulio López Valcárcel, Flor Maceiras, Miguel Mato, Antía Otero, Claudio Pato, Suso Pensado, Carlos Pereira, Ana Pillado, Elvira Riveiro e Rubén Ruibal.
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/esBLxyTFDxE" width="320" height="240" wmode="transparent" /]