Cangas: presentación de Unha ponte para Najla, de Maite Herrero Ameixeiras

O 27 de xullo, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar a presentación do libro infantil Unha ponte para Najla. Construíndo unha ponte de amor entre os pobos, de Maite Herrero Ameixeiras, publicado por Fervenza. No acto, a autora estará acompañada da filóloga especializada en escritura expresiva Marisé Barreiro, o ilustrador da obra, Joseba G. Plazuelo e a concelleira de Cultura do Concello de Cangas, Aurora Prieto.

Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para os 24 e 25 de xullo

O 25 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao, con horario de 12:00 a 14:30 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 24
– 18:30 h. Xosé Antonio Perozo asina O libro das avoas, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Helena Villar Janeiro asina Alba e A fuga de Guillermo, publicados por Galaxia.

Domingo 25
– 18:30 h. Rena Ortega asina Bo Camiño, peregrino!, publicado por Edicións do Cumio.
– 20:30 h. Ramón Torrado asina Torino, publicado por Axóuxere.

A Coruña: presentación de A (des)memoria, de Clara Vidal

O 23 de xullo, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), preséntase o poemario A (des)memoria, de Clara Vidal, editado por Medulia. As persoas interesadas deben reservar praza no correo electrónico acab@mundo-r.com