Compostela: presentación de Alma. Un sopro de aire fresco, de José Lorenzo Tomé

A quinta feira 1 de febreiro, ás 20:00 horas, en Numax (Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, José Lorenzo Tomé presenta Alma. Un sopro de aire fresco, publicado por Baía Edicións. No acto, o autor estará acompañado por Alberto Sucasas.

Xosé Manuel Sánchez Rei recompila máis de 400 cantares tradicionais galegos

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
Xosé Manuel Sánchez Rei recompila no volume Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX máis de 400 cantares tradicionais galegos. Pode escoitarse a entrevista aquí.”