Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Feira do Libro de Santiago: actividades destacadas do 5 e 6 de maio
O
domingo 6 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado e domingo:
Sábado 5
– 13:00 h. Cata poética. Duelo de viños: Rioja e Ribeira Sacra por Agranola, con poemas de Ramón Blanco Fernández.
– 19:00 h. Ánxela Gracián e Antonio Seijas asinan exemplares de Doce cartas a María Victoria Moreno, publicado por Hércules de Edicións, na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:00 h. José Luis Casteleiro, Miguel García Seoane e Carlos Sardiña asinan exemplares de Galicia inmaterial, Galicia máxica, na caseta da Libraría Ler A Pobra.
– 20:00 h. Presentación de Amor por catro, de Helena Villar Janeiro, publicado por Galaxia. No acto, xunto á autora, participa Francisco Castro.
Domingo 6
– 12:00 h. Obradoiro express de escrita creativa, con Andrea Barreira. A partir de 11 anos.
– 18:00 h. Actuación infantil Cantares das Letras, de Rosalía a María Victoria Moreno, de Luís Vallecillo.
– 19:30 h. Palabras Vivas con Poesía en feminino. 20 poemas, de Ana Romaní, Esther Carrodeguas, Fátima Núñez, María do Cebreiro e Marilar Aleixandre.
Betanzos: presentación de Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado
Compostela: presentación de Curiosidade, de Estíbaliz Espinosa
Vigo: presentación de Escaquis e Romeu, de Antonio M. Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas
A Coruña: presentación de Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño
A Coruña: presentación de Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial
Feira do Libro de Santiago 2018: actividades destacadas do 3 de maio
O
3 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Concerto-presentación de Eu cociño, ti cociñas?, de Mamá Cabra, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Sinatura Nuria Díaz, ilustradora de Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, na caseta da Libraría Aenea.
– 20:00 h. Presentación O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro, publicado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado por Manuel Portas e Carlos Lema.







