O mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Avenida Rosalía de Castro, 227 A), en Perillo (Oleiros), Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra A violencia dun sorriso, unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian, publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas. O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena
O martes 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
Carballo: presentación de Ode à Madison Ivy, de Verónica Martínez Delgado e faladoiro sobre literatura erótica
Compostela: presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás
Compostela: sinatura de libros de Miguel Anxo Fernández
A sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, no Corte Inglés de Santiago de Compostela, Miguel Anxo Fernández asina exemplares de Un dente sen cadáver e outras obras súas.
Lugo: presentación conxunta de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra
O sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar unha presentación-vermú de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, e Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, publicados en Positivas. No acto participa, xunto aos autores, Marica Campo.
Malpica: Cea das Letras 2016
Betanzos: presentación de Duración da penumbra, de Miguel Anxo Fernán-Vello
Lalín: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O venres 4 de novembro, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller Ulloa, en Lalín (Rúa Ramón Aller, 9), terá lugar a presentación da novela As horas roubadas, de María Solar, publicada por Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Lalín, participa, xunto á autora, Gracia Santorum.