Ribeira: presentación de Sementes, de Sonia García Vidal

O mércores 22 de febreiro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas (Rúa Lustres Rivas, 20) de Ribeira, terá lugar a presentación do álbum Sementes, libro-CD de Sonia García, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Manuel Bragado.

Pontevedra: presentación de Da identidade à norma, de Vítor Vaqueiro e Nicolás Xamardo

A quinta feira 16 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz de Pontevedra (Peregrina, 29), Vítor Vaqueiro presenta o libro Da identidade à norma, editado por Laiovento, do que é autor xunto con Nicolás Xamardo. No acto participa tamén Xabier Paz.

A Coruña: presentación de Os tres de nunca, de Nacho Taibo

O xoves 16 de febreiro, ás 19:30 horas, na Librería Lume (Rúa Fernando Macías, 3), da Coruña, preséntase o libro Os tres de nunca, de Nacho Taibo, publicada por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Martínez Oca e Manuel Bragado.