Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Lugo: presentación de De paraugas, de Paco Martín
O
martes 18 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar a presentación do libro De paraugas, de Paco Martín, ilustrado con fotografía de Daniel Puente Bello, publicado por Xerais. No acto, xunto a autor e ilustrador, participan Xabier P. DoCampo, Xavier Senín e Manuel Bragado.
Ourense: presentación do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato
O
sábado, 15 de outubro, ás 12:00 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8, de Ourense, terá lugar a presentación para público miúdo do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, con música de Héctor Lorenzo e ilustrado por Blanca Barrio, publicado por Xerais. No acto participará, xunto cos autores e a ilustradora, Manuel Bragado.
Cuntis: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O
sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, en Cuntis, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais. No acto, organizado dentro do programa do Mes da Memoria Histórica do Concello de Cuntis, participa, xunto á autora, Encarna Otero.
Compostela: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso
Pontevedra: presentación de Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Sarria: presentación de De como acontece a fin do mundo, de Charo Lopes
Pontevedra: relatorio arredor de Protexer o invisible, de Xaime Toxo
O
venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), terá lugar un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Leal, Ramón Rozas, Antón Sobral, Carmen Quinteiro e Jonathan Balbuena. Organizan, xunto á editora, o Ateneo, a Deputación e o Museo de Pontevedra.
Baiona: presentación de Xa non estou aquí, de Iria Misa
A
sexta feira 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Navegación (Rúa Ventura Misa, 17), en Baiona, terá lugar a presentación do libro Xa non estou aquí, de Iria Misa, novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora, participan Ledicia Costas e Manuel Bragado.
Seixalbo (Ourense): presentación de Philogelos (O amante da risa)
O
venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Agromadas (Rúa Abelardo Arce nº 25, Seixalbo, Ourense), preséntase a obra Philogelos (O amante da risa), de Hierocles e Philagrios, a compilación de chistes máis antiga traducida do grego ao galego por Margarita Seara e Óscar Soto, e publicada por Rinoceronte. No acto participan tradutor e tradutora, así como o director da editora, Moisés Barcia e do coordinador da Colección Vétera, Raúl Gómez Pato. Haberá música grega e petiscos.



